As instalacións da Sección de Formación da Deputación de Ourense están situadas, desde marzo do ano 2000, na segunda planta do edificio do Centro Cultural Marcos Valcárcel, utilizando así mesmo para algunhas das súas actividades espazos comúns do centro.
A área administrativa da Sección de Formación conta con dúas zonas diferenciadas de oficinas adicadas tanto a información e atención ao público como á planificación e xestión técnica e administrativa; espazos físicos nos que se ubican os dous negociados desta sección.
Na mesma planta, atópanse tamén as tres aulas de formación dispoñibles (unha delas contendo dous módulos divisibles por portas extensibles, o que permite configurar espazos polivalentes en función das necesidades formativas), o arquivo de documentación e o almacén de materiais do departamento, xunto cunha pequena sala de xuntas e de titorías. O salón de actos, na planta soto, incorpora todo o equipamento técnico necesario para unha instalación destas características.
As capacidades dos diferentes espazos destinados a formación son as seguintes: