Outros espazos

1. SALÓN DE ACTOS

O Salón de actos atópase na planta soto. Este espazo, que ten un aforamento máximo de 180 persoas, destínase á realización de actividades culturais e educativas : charlas, conferencias ou mesas redondas, proxección de documentais ou películas, presentacións de libros e outras actividades.

2. SALA DE XUNTAS

Con capacidade para doce persoas, preséntase como unha sala ideal para xuntas ou reunións informativas.

3. SALA DE TITORÍAS

Con capacidade para seis persoas, empregase como sala de titorias.