A Escola de Artes e Oficios da Deputación ten una longa historia, que supera amplamente o século de vida. Neste periodo pasou por diferentes vicisitudes e hoxe está asentada nuns locais propiedade da Deputación, na rúa da Canle nº4, a carón do Auditorio de Ourense.
Con 180 alumnos, na escola impártense as disciplinas de debuxo e iniciación á pintura, perfeccionamento en pintura, modelado en barro (escultura en barro), talla de madeira (escultura en madeira) e oleiría.
O calendario do curso escolar adáptase ao calendario oficial e os alumnos teñen clases diarias, de 18:00 a 21:00 horas en cada unha das disciplinas.
A matrícula na escola ten un custe de 50€ e abóase un pago mensual de 10 € pero destes pagos están exentas as persoas en situación de desemprego ou aqueles que teñan algún tipo de discapacidade. Tamén mantemos una liña de colaboración con alumnos con síndrome de Down.
A Deputación provincial de Ourense é a única deputación galega que segue a manter este tipo de escolas, ao enteder que a educación forma parte sustancial da vida das persoas.
Debuxo e iniciación á pintura: María Pinal Trashorras
Perfeccionamento en pintura: María Pinal Trashorras
Modelado en barro: Iris Blanco Suarez
Talla de madeira: Luis Mariano Ortega Rio
Oleiría: Masakazu Shida
Pode contactar no mail centrocultural@depourense.es ou por teléfono no
988 317895