Manolo Figueiras. 2019
Gombrich di: “Non existe realmente a Arte. Tan só hai artistas.” A obra, o acto creativo, só pode ser consecuencia dun exercicio de vontade persoal. No caso de Pepe Lino, tal aseveración cobraría, se cabe, un sentido máis pleno, de termos en conta as características que definen a súa personalidade e, por tanto, a súa arte: a enerxía vitalista, o entusiasmo e a fascinación que nel provocan continuamente o mundo, a realidade e cada un dos seus fragmentos (un mineral, un sabor, unha cor,
unha cidade, un libro, unha música, un ser humano… ).
Así, o seu traballo como escritor, onde queda patente o seu temperamento intenso e torrencial, ten o seu correlato nunha pintura que é ao tempo abstracta e descriptiva,intimista e expansiva. .. Cadros modulados obsesivamente polos estratos cromáticos, sedimentos do devir e da experiencia, metáforas do real e tamén do inacadable que rematan por ser, case ao xeito unamuniano, auténticas paisaxes da alma.
Lugar: Sala 0
Horario: Luns a venres: 11.00 a 14.00 h e de 17.00 a 21.00 h. Sábados, domingos e festivos: 11.00 a 14.00 h.
Precio: De balde
Visitas guiadas:
Comisariado:
Enmarcada no Ciclo de Conferencias de Outono do Musarq (Museo Arqueolóxico de Ourense).