Seo, navegante no sentido máis “cayucano”, retoma a súa ruta de retorno nesta mostra, deixando plasmadas as numerosas experiencias vitais… A mar, a música e as viaxes non esquecendo o abraio, o circo e os amores que tamén emerxen ó longo do percorrido.
O Mundo de SEO ‘Die Welt als Wille und Vorstellung’ (‘O mundo como vontade e representación’) Arthur Schopenhauer (1788 – 1860).
Toda mostra de arte persoal busca a nosa atención mais tamén compartir, nun espazo e tempo acoutado, mundos distintos que formarán parte do noso, de xeito irremediable. Nesta selección de obras do prolífico Seo (Antonio Fernández Seoane nado o 9 de maio de 1970, Ourense), farei un atrevido paralelismo cun artista do Congo-RCD coñecido polo nome de Chéri Samba (Samba wa Mbimba N’zingo Nezumi Masi Ndo Mbasi nado o 30 de decembro de 1956, Kinto M’Vuila). Seo é para min o Chéri Samba alaricano, xa que a primeira vez que vin a súa pintura lembrei o artista congolés. Non tanto pola temática universal senón polos trazos e cores dos seus cadros figurativos. Seo pinta as persoas, paisaxes e mitos do seu entorno íntimo para que atopen a permanencia inmutable no mundo onírico igual que Chéri Samba.
Seo, navegante no sentido máis “cayucano”, retoma a súa ruta de retorno nesta mostra, deixando plasmadas as numerosas experiencias vitais… A mar, a música e as viaxes non esquecendo o abraio, o circo e os amores que tamén emerxen ó longo do percorrido. Seo entende que tampouco se alcanza o horizonte tan ben definido nos seus cadros. Os corpos deambulan nos distintos elementos que marcan as distintas dimensións do humano. A perspectiva determina as relacións e as olladas revelan os sentimentos. Caricias, bicos e abrazos axudan ó náufrago no seu cativerio. Descubramos, entón, o mundo do Seo! Isofra Sapin.
SEO
Lugar: sala 0
Horario: Luns a venres de 11.00 a 14.00 h. e de 17.00 a 21.00 h. Sábados, domingos e festivos de 11.00 a 14.00 h.
Precio: De balde
Visitas guiadas:
Comisariado: