PIERNETAS
Esta obra está inspirada no xesto coñecido popularmente como “peineta”.
A orixe é un debuxo erótico que realicei hai algúns anos, no que a perna da muller me suxeriu unha “peineta” e, ao incorporarlle o ollo, pareceu cobrar vida.
Con esta exposición pretendo facer reflexionar sobre as paixóns humanas, esas que arruínan o mundo como a envexa, a cobiza ou a hipocrisía, entre outras.
Quero tamén facer unha homenaxe aos materiais. Ao cartón, o papel craft e ao porexpán que, sen ser considerados materiais nobres, tento levalos á categoría de artísticos.
Maec
Lugar: Sala 0
Horario: Luns a sábado de 11.00 a 14.00h. e de 17.00h. a 21.00h. Domingos e festivos de 11.00h. a 14.00h.
Precio: De balde
Visitas guiadas:
Comisariado: