O ESPLENDOR DAS FLORES

O ESPLENDOR DAS FLORES

ROSA ELVIRA CAAMAÑO

As flores levan séculos presentes na pintura e referentes como Matisse, Gauguin ou Van Gogh son exemplos claros da súa importancia. Rosa Elvira Caamaño trae esta colección pintada seguindo a tradición e buscando captar a esencia e a verdade da natureza.


  • ¡Compárteo!

Textos da exposición

O esplendor das flores

Podería dicirse que, desde os albores da humanidade, o mundo vexetal ocupou un posto moi importante nas crenzas e prácticas relixiosas, na cultura popular, na literatura e nas diferentes manifestacións artísticas de todas as civilizacións. Así, xunto ás necesidades de carácter material, as plantas foron cultivadas polo seu valor estético, destinadas a compracer os sentidos. Por isto, a súa representación ocupou un lugar destacado na historia da arte.

Entre as flores cultivadas desde a Antigüidade ata a Idade Media, destacan a rosa, o caravel, o xasmín, a marabilla ou caléndula, os narcisos, a peonia, a papoula, o ranúnculo, o alelí, as herbas dos pitos e os martelos.

Durante o Medievo, houbo unha preocupación científica, que se intensificou a partir do Renacemento, o que propiciou a observación e o estudo da natureza, e divulgouse a través de numerosos tratados, ilustrados por gravadores e pintores. Así, desenvolveuse unha tradición simbólica moi sofisticada, ao asociar as distintas especies coas virtudes cristiás e morais.

A pintura de flores foi bastante común e, efectivamente, raro foi o pintor que non as incluíu nas súas grandes composicións relixiosas, alegóricas, mitolóxicas ou retratos. Non obstante, se exceptuamos as grandes xerras pintada ao fresco na antesala capitular da Catedral de Toledo, realizados por tres oficiais de Juan de Borgoña, en 1511; os grutescos do Peiteador da Raíña da Alhambra e os do palacio do secretario Cobos en Úbeda, contratados por dous pintores italianos discípulos de Giovani de Udine, non sería ata finais do século XVI co nacemento e o auxe da pintura de xénero, cando aparecerán cadros con temática exclusivamente floral, aínda que será no século XVII, cando xurdirán grandes pintores especializados, en países pertencentes á Corona Española, como os Países Baixos e o norte de Italia, así debido á interacción cultural e ás influencias mutuas presentan características comúns.

A partir do século XVI, o comercio con lugares afastados e o descubrimento de novas terras, propiciou expedicións científicas, que deron a coñecer animais e vexetais de América, Asia e África e favoreceron a introdución e difusión de plantas exóticas.

Tamén se importaron especies descoñecidas desde os xardíns turcos, como o loureiro cereixo, as lilas, as plantas bulbosas, o ciclamino oriental, a azucena, o xacinto, a coroa imperial, orixinaria de Persia e da India. Todas elas moi admiradas polos pintores, Aínda que as máis representadas foron a anemone e o tulipán, que chegou desde os xardíns imperiais de Viena a Flandes. O tulipán foi unha das flores máis estimadas. Na Holanda do século XVII desatouse unha verdadeira tulipomanía. Así mesmo, a malva real e o amaranto, que vemos nos cadros, eran de orixe asiática.

Xunto a elas pintáronse outras de orixe americana. Entre as máis habituais destacan: o xirasol, os caraveis de Indias, o dondiego , a bela de noite, a capuchina, o nardo e a pasiflora. Todas descritas por Francisco Hernández ( 1515-1587) quen dirixiu, por encargo de Felipe II, unha expedición científica, destinada ao estudo da historia natural americana.

A creación de xardíns ornamentados con especies foráneas, suscitou gran interese por parte dos reis e aristócratas europeos, entre os que destacou Felipe II, gran afeccionado e coñecedor. Baixo o seu reinado publicouse o primeiro libro dedicado exclusivamente ás plantas de xardín, Agricultura de jardines, de Gregorio de los Ríos, en 1592. O seu estudo detallado e variedade, evidencia a riqueza destes xardíns. Tamén na Universidade de Valencia, no século XVI, fundouse a cátedra de “herbes” e o primeiro xardín botánico universitario de España.

A capuchina do Perú, o nardo, a pasiflora foron moi representados na pintura española e italiana, aínda que ningunha podía competir coa rosa, que seguía sendo a favorita dos pintores, nos seus doce tipos básicos de “roseiras antigas”. A azucena e o lirio, nas súas distintas cores, tamén ocuparon un posto de honor nos xardíns e nos cadros europeos. A azucena, flor preferida de Felipe II, é orixinaria de oriente e o seu cultivo remóntase á antigüidade.

A azucena, a rosa e o caravel, tiveron un gran contido simbólico na pintura relixiosa occidental. Outra flor bastante representada foi a bola de neve, substituída no século XVIII pola hortensia, que acababa de ser introducida na xardinería.

Considéranse iniciadores da pintura floral os pintores flamencos, Brueghel de Velours (1568-1625) e Ambrosius Bosschaert (1573-1621) e ao alemán, Georg Flegel (1566-1638), cuxas obras se propagaron a través de estampas. Tamén tiveron moita influencia as publicacións con gravados, que se difundiron polos talleres dos pintores. Un dos máis coñecidos foi a Iconoloxia, de Cesare Ripa e os florilegia, ou sexa libros con gravados de flores e catálogos de flores e bulbos, como o Florilegium de Adriaen Collaert (1590), Florilegium Novum de Johan Theodor de Bry (1611), o de Emmanuele Sweert, ou o Hortus Eystettensis de Basilius besler ( 1613).

En España un dos pintores máis notorios foi Juan van der Hamen y León (1596-1631), na súa Ofrenda a Flora, poden apreciarse ata corenta clases de flores, de diversa procedencia. Juan de Arellano (1614-1676), Bartolomé Pérez (1634-1693), Juan Fernández, el Labrador (- 1657), Tomás Yepes (1595-1674) e outros moitos, fixeron deste xénero un dos máis recoñecidos. Entre os italianos, o máis admirado foi Mario Nuzzi, chamado “ Mario dei Fiori”.

Destacaron, así mesmo, magníficas pintoras e ilustradoras: Maria van Oosterwyk (1630-1693), Giovanna Garzoni (1600-1670) Rachel Ruysch (1664-1750) Margarita Caffi (1680-1670) e María Sybilla Merian (1647-1717) precursora da entomoloxía, que en 1699 se embarcou coa súa filla para o Caribe, onde durante dous anos pintou numerosas acuarelas de animais e plantas, que figuran entre as máis belas da historia das ilustracións científicas.

No século XVIII, en Francia desenvolveuse unha pintura refinada e suntuosa, amable, de cores claras e alegres, destinada a un público culto e aristocrático, protector das ciencias e das artes, amante dos xardíns, cuxas mansións competían por estar rodeadas dos máis fermosos. Por isto podería dicirse que Francia foi a capital da pintura de flores, coa fundación das Academias, a aplicación da decoración floral ás artes aplicadas, a súa acollida en museos e institucións, así como o crecente número de coleccionistas.

Durante séculos a pintura floral holandesa reflectiu a súa horticultura, filla do mar. A poesía dos seus bodegóns nos que as flores se volven eternas, o ilusionismo realista que engana a vista, fascinou a todos os pintores de flores. O mestre indiscutible foi Jan van Huysum (1682- 1749) cuxos floreiros foron moi imitados. Aínda que os pintores de flores

que marcaron o gusto francés foron Gerard van Spaendonck e Pierre Joseph Redouté. Ambos publicaron albumes de flores, foron profesores do Jardin des Plantes, da Academia, de reinas, princesas, aristócratas, antes e despois da Revolución. Tamén Corneille, irmán de Gerard, foi un dos máis celebres e fecundos decoradores das manufacturas de Sévres. Entre os alumnos de Gerard, destacou outro gran florista, Jean François van Dael.

É a época dos grandes pintores e ilustradores de flores, algúns van en expedicións a terras afastadas, das que traen novas plantas e miles de debuxos e acuarelas. Seguindo o exemplo de van Spaendonck e Redouté, crearon talleres e escolas, publicaron libros de gravados, pintaron cadros en diversas técnicas, o que supuxo unha gran afección e desenvolvemento da arte botánica. Tamén no desenvolvemento da pintura floral tiveron grande importancia o auxe das artes aplicadas, sobre todo a porcelana, as sedas e tapices.

Un capítulo á parte merece a cidade de Lyon, a onde acudían os mellores debuxantes e pintores de flores en busca de traballo na industria da seda, como deseñadores. A pesar de que moitos foron vítimas, en 1793, da Revolución. En 1803 Napoleón, (sen dúbida por influencia de Josefina, apaixonada da xardinería) estableceu a clase de flores nas escolas de Belas Artes e recoñeceuse como de interese nacional.

A industria da seda en Lyon, decorada con motivos florais, creou corenta mil oficios, cen millóns de produtos, enriqueceu a vinte provincias e foi a maior fonte de prosperidade e gloria desta cidade. A lista de pintores florais é interminable.

Despois da guerra franco-prusiana de 1870, xurdiu unha nova xeración de floristas moi notables. Courbet, Fantin Latour, Bazille e Manet, pode dicirse, que a pesar de non ser especialistas, pintaron os máis fermosos cadros de flores, nunha época que se poñía de moda a pintura de paisaxe.

Fantin pintou flores en primavera. Manet as peonias do jardín de Gennevilliers. Renoir, nacido en Limoges, recibiu a influencia da decoración floral das porcelanas, oficio ao que se dedicou en París desde a súa adolescencia.

Na xerarquía dos xéneros da Academia, a pintura de flores ocupaba un lugar secundario e era considerada meramente decorativa. Na Academia de París, ata a reforma de 1863, nin sequera formaba parte dos estudos. Tamén nas exposicións nacionais de Belas Artes, non estaba permitida unha medalla de 1ª clase, algo que si se outorgaba á miniaturas e litografías.

En Francia sería a moda da pintura española do século XVII e o gusto da nova burguesía, para a decoración das súas casas, o que fixo rexurdir a moda da pintura floral. Courbet, gran coñecedor da arte hispano-flamenca, pintou cadros nos que mesturou flores de xardín e silvestres, onde captou o ambiente da natureza.

La Escola de Barbizon, abriu a vía á pintura de flores in situ. O ambiente rural impúxose entre floristas e paisaxistas. Ao igual que ocorrera en séculos anteriores, tamén no XIX se multiplicaron os albumes pedagóxicos e nos retratos considerábase de bo gusto incluír, xunto a obxectos de luxo, flores

As manufactura dos Gobelinos, volveu dar traballo a numerosos pintores que pintaron os cartóns para os tapices, con composicións florais. Ao igual que no deseño do papel pintado.

Despois da guerra franco-prusiana de 1870, na que a vida se interrompeu, as flores chegaron cunha nova mensaxe de esperanza. O ramo patriótico con espigas, papoulas e margaridas foi acollido con gran entusiasmo no inverno de 1871-72. Renováronse temas como o da rapaza que coloca flores, a xardineira, a recolección de flores, as vistas de xardíns, os xardíns animados con personaxes. Flores sobre muros, claustros, entre pedras rústicas, en toneis, cestos de vendima, etc.

Na tranquilidade das provincias, onde era fácil ter un xardín, tamén houbo moitos pintores especializados no xénero floral, sobre todo a partir de 1880. En todas as cidades había unha Societé de Amis des Arts, que organizaban exposicións ás que concorrían numerosos pintores de flores, sobre todo acuarelistas.

Moitos trasladáronse ao campo ou tiñan o seu propio xardín, no que cultivaban as súas flores preferidas. Claude Monet, despois de pintar, en 1872, os xardíns de Argenteuil, de Vétheuil (1880), o parque de Monceau ou as Tullerias, adquiriu unha propiedade en

Giverny e alí creou o xardín dos seus soños, con flores sinxelas, chícharos de cheiro, papoulas, capuchinas e un xardín xaponés, con pontes sobre estanques artificiais, onde conseguiu efectos grandiosos. Neste xardín pintou a súa serie floral máis recoñecida, as Nympheas, aínda que se trata más ben de paisaxes que de cadros estritamente florais.

No apracible xardín de Buré, en Orne, propiedade da familia da súa muller, notable pintora de flores, Victoria Dubourg, Fantin Latour pintaba as súas flores. Suponse que, a pesar de non ser un especialista, pintou uns cincuenta cadros deste tema, aínda que as incluíu en numerosos cadros.

Manet empezou pintando os seus primeiros vasos con peonias no xardín de Gennevilliers.

Por estes anos, o Salón de París fixo un esforzo e admitiu cada vez máis floristas. Entre os fundadores do Salon des Independents fundado en 1884, figuraban varios. A partir de 1890, a Societé Nationale des Beaux Arts, acolleu cada vez máis artes decorativas, nas que os motivos principais son florais, o mesmo ocorreu na Sécession de Munich. A Exposition Universelle de 1894 supuxo o triunfo da Art Nouveau e a consagración definitiva da arte floral, polo que tanto os museos como as institucións enriqueceron as súas coleccións con cadros desta temática.

Nas Tullerias, a emperatriz Eugenia creou o Salón das Flores, destinado só a floristas. Pintáronse cadros de alta decoración para edificios públicos, algúns de grandes dimensións, tamén os balnearios, os casinos e os edificios luxosos se adornaron con cadros e nomes de flores, coas que adornaron os seus xardíns.

Por todo isto, a pintura de flores, chegou a ser tan apreciada que a principios do século XX, foi considerada necesaria para a formación no ensino primario e superior, cuxo maxisterio recaeu nas pintoras que obtiveran notoriedade nos salóns e que se uniron en 1881 para constituír a Union des Femmes Peintres e Sculteurs.

A alta demanda desta pintura, fixo que incluso os máis recoñecidos pintores como Gérôme a incluísen no seu repertorio, de cuxo estudo saíron notables floristas, como do de Moureau, no que se formaron Rouault e Matisse.

Gaugin pintou flores cando vivía con Van Gogh en Arlés. Este, na primavera de 1888, empezou a serie sobre xirasoles. Pintou doce paneis, como “para a cabina dunha nave”, de formato alongado e estilo resumido. A pintura floral de Van Gogh, non se limita a un exercicio cromático, de floreiro tradicional, ou a un xardín florido, forma parte do dinamismo que anima a natureza, desde os verxeis floridos, ata o ceo ateigado de estrelas que xiran en torno aos cafés de Arles. Van Gogh e Gaugin separáronse despois de dous anos, cando este último, antes de marchar a Tahití, pintou flores brancas nun cacharro rústico, nas que o delicado cromatismo, anunciaba o refinamento das últimas flores que pintou no Pacífico.

Cézanne preferiu integralas nas súas naturezas mortas, aínda que á acuarela traduciu a vida robusta das plantas ateigadas de flores baixo a espléndida luz do Midi.

Os pintores do Salón dos Rosa Cruces, utilizaron o simbolismo das flores como emblema. Os simbolistas amaban as flores raras, as orquídeas, as calas, os lirios alaranxados, gustábanlles por ser foráneas e tamén as máis sinxelas e humildes. No simbolismo a flor, en ocasións, dános a clave do cadro, a papoula, tan querida, evoca a morte ou a evasión. Os vidros de Emile Gallé, as flores de Puvis de Chavannes, as de Odilon Redon pertencen a outro mundo. Redon herda, en 1909, un xardín en Bièvres onde pinta ao pastel flores reducidas a uns poucos tons e nos seus Noirs transforma a materia inerte en viva.

Seurat, aínda que non o pareza, pasa moito tempo calculando e traducindo a vida efémera das flores nos seus cadros puntillistas, o mesmo que Signac.

Os pintores fauvistas tampouco escaparon ao seu encanto. Vlaminck inspirou nas papoulas que tinguían de vermello os campos das aforas de París. Dufy e Marquet, máis mesurados, pintaron flores delicadas, aínda que de fidelidade relativa. Matisse pintou clemátides. Con Bonnard, Vouillard e os seus continuadores, as flores volvéronse a temática dos contestatarios.

Desta liberdade á hora de interpretar a natureza, xurdiu unha nova xeración. Rousseau, o Aduaneiro, amaba as flores campestres e recreou unha flora imposible nos seus cadros, que tiveron infinidade de admiradores, entre eles Picasso.

En toda Europa, durante o século XVIII, o ambiente da pintura de flores foi similar, a creación de academias e o desenvolvemento de decoración floral utilizada nas artes aplicadas, sobre todo porcelana, seda, tapicerías, vidros, papel decorado, etc., marcarían a evolución e o rumbo deste xénero.

Durante os primeiros anos a pintura española continúo coa tradición do século anterior. Non obstante, a chegada dos Borbóns á Corte supuxo un cambio de gusto seguindo a moda francesa e italiana, o cal se produciu a través das academias e da chegada de pintores e intelectuais estranxeiros que achegaron novos puntos de vista.

En 1752, fundouse a Real Academia de Belas Artes de San Fernando, en Madrid, baixo o reinado de Fernando VI, seguindo o exemplo das de París e Roma; aínda que xa en 1744 se fundara en Valencia a Academia de San Carlos, ás que seguirían outras moitas en todo o país. En todas elas se unificaron os criterios artísticos baixo os modelos da Ilustración, que foron fundamentais para a formación dos artistas. Aínda que ao igual que sucedía no resto de Europa, a pintura de historia era a máis recoñecida, tamén se valoraban os “xéneros menores”, entre os que se encontraba a pintura de flores, ao cal contribuíu o gusto artístico da nova burguesía acomodada.

En 1753, instalouse en Valencia a Real Fábrica de Seda, Ouro e Prata, para a que se contrataron debuxantes lioneses para formar a deseñadores téxtiles, o cal determinou que en 1778 se crease a Sala de “Flores e ornatos” na Real Academia de Belas Artes de San Carlos. Desta escola saíron os mellores pintores de flores do noso país, que continuaron o seu labor ata ben entrado o século XIX.

A creación da Real Fábrica de louza de Alcora, a Real Fábrica de Tapices, a de Cristais da Granxa, a de porcelanas do Bo Retiro, Talavera, etc., o ensino científico nas universidades, a publicación de importantes libros de botánica, a creación de bibliotecas, cátedras de botánica e xardíns botánicos, foron definitivos para a proliferación de pintores especializados.

Aínda que durante a Guerra da Independencia (1808-1814) as instalacións da Universidade de Valencia, a súa biblioteca e o seu xardín botánico foron destruídos, ao igual que a fábrica de cristais da Granxa, a de porcelanas do Bo Retiro e outras moitas,

no primeiro cuarto do século XIX reconstruíronse os xardíns botánicos de Valencia que chegaron a figurar entre os máis importantes de Europa, no que albergaba máis de seis mil especies distintas.

En España, ao igual que no resto do mundo, a pintura de flores gañaba postos nas exposicións nacionais, así o gaditano Sebastian Gessa (1840-1920) chamado “o pintor das flores” despois de ganar medallas nas exposicións universais de París de 1867 e 1889, obtivo a medalla de Primeira Clase na Exposición Nacional de Belas Artes de 1897, sendo a primeira vez que se outorgaba a un bodegón de flores e froitas.

No século XX, tanto os pintores como os poetas ofrecen unha nova botánica aos xardíns do imaxinario. Tamén nestes últimos anos estase volvendo a impoñer a pintura floral, sobre todo na altísima decoración, da man de pintores realistas e hiperrealistas, tales como: o norteamericano Dennis Perrin, Giocchino Passini, Michael Harnish, Lucy Mckie, Irina Ivanova e, a miña favorita, Claire Basler, que pinta as flores do seu xardín do castelo de Beavoir, todos eles, e outros moitos nacidos entre os anos 50 e 80, expoñen nas mellores galerías tanto privadas como públicas a nivel internacional.

Pintar flores non é un vulgar exercicio do ollo e da man, senón que, partindo dunha boa formación académica, (que nunca finaliza porque sempre se está aprendendo), é necesario posuír unhas calidades moi sutís de atención, elección e entendemento. Comparar, tendo como base a xeometría, o estudo atento da natureza, que é necesario comprender a través de longos anos de estudo e paciencia.

Así, estas flores que hoxe lles presento, pintadas seguindo os pasos da tradición, representan as especies que cultivo no meu xardín. Nestes cadros, pintados na primavera e verán, non trato de facer algo orixinal ou novidoso, senón captar a esencia e a verdade da natureza.

Rosa Elvira Caamaño Fernández

Currículum do artista

Currículum resumido

1980 – Licenciada en Bellas Artes por la Universidad Complutense de Madrid.

1982 – Profesora de enseñanza secundaria.

1990 – Academica de la Academia Archeologica de Roma.

1991 – Doctora por la Universidad Complutense , con la tesis doctoral Serafín Avendaño y la Escuela de Rivara

1993 – Profesora Titular de Técnicas Pictóricas de la facultad de Bellas Artes de la Universidad de Vigo.

Actualmente jubilada

1 – Exposiciones individuales .

1985 – Caja de Ahorros de Vigo.

1988 – BBV de Vigo.

1991 – Caixa Vigo.

1992 – Sala Os Peiraos del Ayuntamiento de Vigo.

Galleria Clemente en Génova ( Italia ).

1994 – Palacio de la Diputación de Pontevedra.

1995 – Palazzo Viviani en Urbino ( Italia ) .

1996 – Area Central en Santiago de Compostela.

1997 – Sala Barquillo de Caja Madrid en Madrid.

1998 – Teatro Principal de Pontevedra .

2000 – Galería Borrón 4 , en Cambados ( Pontevedra )

2003 – Galería Sargadelos de Vigo.

2003 – 2004 – Casa de Galicia de Madrid.

2006- Caixanova . en Vigo.

2007- Galería Vieira Portuense. Porto

2010 – Galería Sargadelos Torrado. Pontevedra.

2011- Sala de la Autoridad Portuaria. Ferrol.

2013- Sala de Arte del” El Correo gallego” en Santiago de Compostela.

2016 – Sala I de Afundación. Vigo.

2018 – Tres décadas de debuxo. Concello de Vigo

2021- Museo das Peregrinacións . Santiago de Comportela.

2 – Exposiciones colectivas en España :

1997 – Selección de alumnos de la Facultad de Bellas Artes de San Fernando en la Casa de Velázquez en Madrid.

1982 – El paisaje andaluz , Escuela de Artes Aplicadas y oficios artísticos de

Guadix, Granada y otras ciudades andaluzas.

1984 y 1986 – premio Blanco y Negro en la Casa de las Alhajas de Madrid, Centro Cultural Conde Duque .

1987 – Premio Penagos en Madrid. Fundación Penagos.

1988 – Premio Blanco y Negro, Centro Cultural de la Villa de Madrid..

1990 y años sucesivos – Imaxes o carón do aula , Casa de las Ciencias , Colegio de arquitectos de Vigo y Museo de Pontevedra .

1991 – Premio de dibujo Pérez Villamil en el Ferrol..

– Colectiva en el Monasterio de Carracedo (Cacabelos – León )

– Colectiva Jóvenes artistas madrileños en el BBV de Vigo.

1992 – Premio Francisco del Rincón en Guadalajara.

– Salón de Otoño de Madrid.

– Cuadros de Carnaval del Ayuntamiento de Madrid , Casa de las Vacas .

1993 – Premio Francisco del Rincón en Guadalajara .

– Premio de Dibujo Gregorio Prieto , Museo de la Fundación Gregorio Prieto de Valdepeñas ( Ciudad Real ).

1994 – Premio Antonio del Rincón.

– Premio Caja Madrid en Madrid.

– Premio de dibujo Gregorio Prieto en la Fundación Gregorio Prieto de Valdepeñas.

1995 – Gregorio Prieto.

1996 – IV Bienal Internacional del Grabado de Caixa Orense en Orense y Buenos Aires.

1997 – Premio Penagos de Dibujo . Fundación Mapfre en Madrid.

1998 – Arte en Pontevedra , Palacio de Congresos y Exposiciones de Pontevedra

1999 – Galería Ercilla de Bilbao.

– Pintoras para la navidad Galería Borrón 4 de Cambados ( Pontevedra ).

2000 – Premio Gregorio Prieto en Valdepeñas.

20001 – Museo de la Villa de Madrid.

2003 – Provisión de desvelos e Vixilias. Pintores de la facultad de Bellas Artes de Pontevedra .Pazo de Congresos de Pontevedra.

2004 – Novas realidades . Casa de la Parra en Santiago de Compostela, Palacio de la Diputación de Lugo y Museo de Ourense.

Galería Arte- Manz , de La Coruña .

2010 – Exposición de pintores pastelistas españoles en el Auditorio de Oviedo.

2010 – Vigo e cor. Centro Cultural Caixanova

2017 – Femanino plural Sala I Afundación . Vigo

2018 – Acuarelistas vigueses. Concello de Vigo

2018- Salón de otoño. Casa de las Vacas, Madrid.

2022- Sala Trascorrales. Oviedo

3 – Exposiciones colectivas en el extranjero.

1992 – Invitada por el comité seleccionador a participar en la Exposición del V Centenario. Cristoforo Colombo, la nave e il mare en Génova .

– Centro d´Arte e Cultura Liguria.

– Ottava Rassegna di Pittura Contemporánea, Circolo Italo- Americano.

1993 – 94 – 95 –96 … Nona, decima..rassegna di pittura contemporánea, en el Palazzo Virgilio al Portello de Génova.

1994- 95 – 95 ..Decima.. edición del premio Colombo del Circolo Italo – Americano de Génova .

2002 – Artexpo New York ( Feria Arte de Nueva York ).

– Europastello . Exposición patrocinada por la UNESCO y el Consejo de Europa . Itinerante por las principales ciudades del Piamonte en Italia y Museo Estatal de Historia de San Petersburgo como parte de los actos conmemorativos de la fundación de esta ciudad.

– Palazzo ducal de Génova ( Italia ).

2003 – Fortaleza Pedro y Pablo de san Petersburgo.

2004 “ I Salon international du Pastel “ en Vernon ( Francia ) con una selección de pintores pastelistas , rusos , canadienses, américanos, italianos, franceses, polacos, etc

– “ Maestros contemporáneos del pastel en Europa “ en el National Art Club de Nueva York.

– Bienal de Arte de Vilanova da Cerveira en Portugal.

2005– “ 7º Salon international de Printemps “ Centre Culturel des Vikings Ivetôt ( Normandía )

– 2ª bienal internacional del Pastel. Nowy Sacz- Polonia.

– 2006- 2007 – L´Arte per la pace in Europa en el Mondo. Antico Palazzo di Cittá, Mondoví ( Piamonte-Italia) .Museo Civico y Galleria civica de Sremska Mitroviza (Serbia), Museo de Historia de Jaroslav ( Rusia), Basilica de San Donato de Zadar (Croacia).Patrocinada por la Unesco, el Consejo de Europa , el Consejo Pontificio de la Cultura, la Provincia de Cuneo y la Región de Jaroslav.

IV – Premios.

1988 – Beca para realizar la tesis doctoral sobre el pintor gallego Serafín Avendaño de la Academia Ligústica de Belle Arti de Génova.

1990 – Nombramiento de Académica Correspondiente de la Accademia Archeologica de Roma .

3º – Premio del Certamen Cuadros de Carnaval convocado por al Ayuntamiento de Madrid y la asociación de Pintores y escultores de Madrid.

– Medalla de Plata en la exposición del V Centenario del Descubrimiento de América Cristoforo Colombo . La nave e il mare en Génova.

1993 – 1º mención de honor del Premio de dibujo Gregorio Prieto .

1994 – Medalla de plata en a 10º edición del Premio Colombo en Génova ( Italia ) .

– Medalla de Oro en la 10ª Rassegna di Pittura Contemporánea de Génova ( Italia )

1996 – Premio de adquisición del Parlamento Gallego del grabado seleccionado en la IV Bienal Internacional de Caixa Orense.

1997 – Medalla al figurativísmo de la Associazione Italo – Americana de Génova.

1998 – Realización del retrato del Padre Faustino Miguéz para el Instituto Calasancio, para los actos de su beatificación en Roma.

Como Investigadora destacan :

1 – Los comisariados de exposiciones de pintura del siglo XIX :

1991- Serafín Avendaño en Vigo para Caixavigo.

1992 – François Ravier, ayuntamiento de Cannes (Francia) .

2 – Libros y artículos :

– Libro : Serafín Avendaño 1916 – 1937.

– Serafín Avendaño, Artículo en Enciclopedia Artistas gallegos de la editorial Nova Galicia.

– Serafín Avendaño en el catálogo de 75 años del Museo de Pontevedra.

– Aportaciones de las pintoras al arte . I Parte. Revista de ESAP de Oporto .

– Libro : Educación y dedicación. Aportaciones de las grandes pintoras al arte. Desde la antigüedad hasta 1.800. Universidad de Vigo 2011.

– Libro : Los caballos en el arte y en la historia. Desde sus orígenes hasta la Edad del Hierro.2013

Articulos y conferencias sobre :

– Serafín Avendaño.

– La pintura de paisaje del siglo XIX.

– Educación y dedicación. Aportaciones de las pintoras a la historia de la pintura. Curso impartido en la Universidad de Vigo, y en la universidad de Oporto.

Otros méritos.

– Curso de alta especialización en grabado de un año en Urbino ( Italia ) en la Academia Raffaello.

– Curso de grabado en el Centro de Arte “ el Bisonte” de Florencia, durante tres meses.

– Otro curso en la Fundación Ciec, de Betanzos.

– Curso de Pintura de un mes en Jerez de la Frontera, con Antonio López, Isabel Quintanilla, Paco Hernández.

– Dos cursos de dos meses cada uno de cerámica en la fábrica de Sargadelos, ( Cervo-Lugo) y en la Bisbal del Ampurdán, en Gerona.

– Coautora del libro Impresiones y estampas de los campos con 42 acuarelas y 45 dibujos.

– Comisaria e impulsora del premio de Pintura de Paisaje villa de Meira.

– Ilustradora de la portada del libro Gustavo Adolfo Bécquer y el simbolismo

Catálogos.

Además de los Premios en los que participó : Blanco y Negro, Gregorio Prieto, Penagos, Palazzo Virgilio,….

Artistas gallegos . (Realismos, expresionismos, abstracciones) de la Editorial Nova Galicia.

Artistas españoles del siglo XX. Forum Artis, Anexo.

Gran Enciclopedia gallega.

Gallegos del Correo Gallego.

Anuario de artistas gallegos publicado por la Xunta de Galicia.

Monografía Rosa Elvira “ Ultima Obra “.

Catálogo de la Casa de Galicia.

Novas realidades. Catalogo de la Exposición de la Casa de la Parra. Xunta de Galicia.

Postal de primavera en el programa de televisión Desde Galicia para el mundo , programa 668.

El arte hoy. Programa emitido en la televisión de Yaroslav ( Rusia) .

-Entrevista de media hora en Espacio de Arte. Programa de la Televisión del Correo gallego, emitido el 13 del 6 de 2013.