Coleccionar é unha actividade que require tempo e aprendizaxe, che-gando a ser para moitas persoas unha forma de entender a vida. Sen dubida, para o noso coleccionista, O AMANTE DO PAPEL, é unha ma-neira de ver o mundo a partir desas obras que foi atesourando durante anos: unha colección de maís de 2.000 gravados e obra sobre papel, desde o seculo XV ao XX, desde Durero ou Piranessi a Picasso, Lam o Hartung, un amplio abanico de gustos, intereses e paixon polo coleccio-nismo.
Esta mostra plantexase a partir dunha selección de máis de corenta obras, que van permitir non só penetrar no universo dunha magnifica co-lección, senón establecer lecturas ao redor de capítulos que definiron a historia da arte: o renacemento, o barroco, o neoclasicismo, o postimpre-sionismo, a abstracción, o surrealismo… tratando de mostrar a ampli-tude, o gusto e os intereses de quen a creou . O relato dunha gran paixón e sensibilidade pola arte e a cultura
Lugar: Sala 1
Horario: Luns a venres de 11.00 a 14.00 h. e de 17.00 a 21.00 h. Sábados, domingos e festivos de 11.00 a 14.00 h.
Precio: De balde
Visitas guiadas:
Comisariado: