NO INTERIOR DO ABANDONO

NO INTERIOR DO ABANDONO

CARLOS LORENZO E BALDO RAMOS

Esta exposición fotográfica e poética é unha viaxe visual polas aldeas do rural galego que están a sufrir o despoboamento e a desmemoria. Os lugares que somos. Os lugares que nos definen como pobo.

No interior do abandono non é o primeiro proxecto creativo que comparten Carlos Lorenzo (fotógrafo) e Baldo Ramos . “Ramallosa, caligrafías de luz” foi a primeira experiencia artística que reuniu a estes dous celanovenses con fotografías de Lorenzo sobre as que Ramos fixo unha intervención plástica e poética. No documental “Vertice de versos”, do que é produtor e director Carlos Lorenzo, Baldo Ramos é un dos escritores protagonistas.


  • ¡Compárteo!