Esta exposición é unha mostra dunha selección dos traballos feitos con paixón polo alumnado da Escola de Artes e Oficios durante o curso 2022/23
Nesta mostra poderanse atopar obras dos alumnos e alumnas que traballan diariamente en cadansúa disciplina: Debuxo, Pintura, Talla en madeira, Modelado en barro e Olería.
A histórica Escola provincial de Artes e Oficios impulsada pola Deputación no ano 1891, segue sendo berce de creatividade ourensá 132 anos despóis.
Nesta ecléctica escolma de obras xeramos un percorrido polas distintas disciplinas, onde é posibel atopar diversos estilos e xeitos de achegarse á creación. Búscase un diálogo entre obras de carácter máis clásico e academicista con outras pezas de factura máis contemporánea
O percorrido que nos brinda o espazo da Biblioteca Pública “NÓS” sérvenos para amosar a creatividade e o bo facer do alumando da Escola e a interacción dos diversos xeitos de expresarse mediante as artes e os oficios.
Lugar: BIBLIOTECA PÚBLICA NÓS
Horario:
Precio: De balde
Visitas guiadas:
Comisariado:
Esta exposición non ten ningún video asociado
Promove Deputación de Ourense.