RETROSPECTIVA

RETROSPECTIVA

EMILIO CELEIRO

Emilio Celeiro mantén unha dedicación íntegra e completa á arte. A inspiración, como quería Picasso, sempre o pilla traballando . Deseños, gravados, óleos, esculturas…, abrollan das súas mans co carimbo indiscutíbel da experimentación e do   maxisterio.


  • ¡Compárteo!

Emilio Celeiro mantén unha dedicación íntegra e completa á arte. A inspiración, como quería Picasso, sempre o pilla traballando . Deseños, gravados, óleos, esculturas…, abrollan das súas mans co carimbo indiscutíbel da experimentación e do   maxisterio. Como todo gran artista , Celeiro non transita camiños coñecidos; en cada xeira aventúrase por cavorcos ignotos, por espazos inexplorados e arriscados dos que descoñece a saída. Propostas novidosas, pinto-esculturas, técnicas mixtas coas que representa fantasmagóricos peixes armados, aves masacradas, formas orgánicas, antropomorfas, cósmicas….,nunha pulsión surreal na que mestura o humor e a guerra, a deshumanización e a ameaza planetaria, a denuncia ecolóxica e o mecanicismo.

As pezas de bronce de intenso erotismo na serie “Erotismo“ esixen unha complexa elaboración: primeiro o boceto en barro, logo o negativo en escaiola seguidamente o molde de silicona, para rematar no forno a “cera perdida. O bronce ofrece superficies brillantes, matizadas, pulidas, esa pátina dourada ou verdosa que achega unha   prestancia de antigüidade e de nobreza. A dimensión conceptual é outra das claves que definen o traballo de Celeiro. Detrás de cada peza hai unha bagaxe de contidos, mais ou menos expresos. As referencias a Ganímedes, ou a Leda e o cisne, parten dos mitos clásicos. O fermoso Ganímedes, pastor e príncipe troiano, foi secuestrado por Zeus no monte Ida, de Frixia, para convertelo no seu amante. Para xacer con Leda sen levantar sospeitas, o propio Zeus que lle daba a todo, transformouse en cisne na ribeira  do río, Eurotas Leda e o cisne é un tema tratado por Leonardo, Tintoretto, Dalí e outros¨ Aversión de Emilio Celeiro é dunha delicadeza extraordinaria. O acougo do coló sinuoso do cisne sobre o peito da dama, non o melloran os versos de Rubén Darío:

Es el cisne de   estirpe sagrada,

Cuyo beso por campo de seda,

Ascendió hasta la sima rosada

De las dulces colinas de Leda.

 

XULIO VALCARCEL