Dai

Dai

Rojo Sache


  • ¡Compárteo!

Textos da exposición

Dai é un proxecto de fotografía escenificada no que se representan crimes acontecidos en España. Neles, a paisaxe pasa a ser unha testemuña silenciosa e incluso un cómplice de feitos atroces. A súa distancia, o seu illamento e o seu silencio converten estes paraxes en encubridores dos acontecementos máis escuros. Son estes lugares, capaces de gardar terribles segredos, os que constrúen esta historia. Trátase de escenas abertas á interpretación que inclúen algúns elementos clave mais nas que se evitou, de maneira intencionada, aportar os detalles sobre o asasinato que cada unha delas representa. Moitas destas mortes foron amplamente divulgadas polos medios, en parte polo enorme morbo que suscitaban. Por ese mesmo motivo, evitouse avivar con este proxecto ese tipo de curiosidade. Mais todas as imaxes teñen unha historia real detrás.

Currículum do artista

Rojo Sache é a parella artística formada por Rosa Isabel Vázquez [Madrid, 1971] e José Antonio Fernández [Murcia, 1976].

Os seus traballos versan sobre a memoria, a ambigüidade e a morte, temas que abordan a través dun uso moi particular da paisaxe.

A súa obra foi premiada en máis de 80 certames internacionais. Entre os galardóns nacionais destacan 11 Premios Nacionais de Fotografía Profesional (Premios Lux de España).

As súas obras foron expostas en galerías e museos de diferentes países do mundo (España, Francia, Italia, Reino Unido, Alemaña, Arxentina, Estados Unidos e China) e participaron en eventos como PhotoEspaña, Voices O , no Photo Festival de Arles (Francia), Padova PhotograPhia (Padua/Italia), Photissima Art Fair (Torino/Italia) ou a Biennial of Fine Art & Documentary Photography en Málaga.

+info: www.rojosache.com