CAUDAL DE EMOCIÓNS

CAUDAL DE EMOCIÓNS

Colectiva


  • ¡Compárteo!

Unha exposición fotográfica transfronteiriza coas mellores fotografías do territorio que baña o río Limia-Lima, desde o seu nacemento no Monte Talariño (Sarreaus) ata a sua desembocadura en Viana do Castelo, realizadas por profesionais ourensáns e portugueses.

A Deputación de Ourense creou un itinerario fotográfico transfronteirizo polos 11 concellos bañados polo río Limia na zona galega, basado no traballo de campo que realizaron tres fotógrafos profesionais ourensáns, que documentaron con varias fotografías de cada concello aqueles puntos de interese fotográfico relacionados co río.

Os tres fotográfos ourensáns que realizaron as instantáneas da zona galega son:

· Paco Rocha: fotografo con máis de 25 anos de experiencia, é profesor especializado en iluminación e consultor técnico para fotógrafos e compañías de sector fotográfico.

· Rosa Veiga: fotografa correspondente da axencia Europa Press na província de Ourense, docente e especiaista en traballos fotográficos para a divulgación do patrimonio.

· Miguel Souto: colaborador de medios como La Voz de Galicia, realiza catálogos fotográficos para reputadas empresas, destacando os seus traballos para a comunicación turística.

Entre os fotógrafos portugueses que realizaron as instantáneas do seu territorio encóntranse Pedro Cerqueira (Ponte da Barca), Eduardo Pimenta (Arcos de Valdevez) e Miguel Costa (Ponte de Lima).