Sala 1 está situada na planta baixa, ten a súa entrada desde os Xardíns do Padre Feijoo, e consta de 400 m2 de superficie. Acolle mostras temporais, dando a coñecer a artistas e tendencias de todo tipo. Esta sala representa o primeiro espazo de contacto perceptivo co visitante, polo que se realizaron reformas no espazo para conseguir o mellor impacto en canto a decoración e volume.
A Sala 1 está provista dun espazo polifuncional a dobre altura –a modo de pasarela– , que tanto pode aloxar material expositivo de reducido tamaño como ofrecer un lugar privilexiado de observación.
A Sala 2, situada na primeira planta, ten tamén 400 m2 de superficie. Accédese a esta sala pola escaleira que arrinca da planta baixa ou polo ascensor. A Sala 2, do mesmo xeito que a Sala 1, alberga exposicións temporais de artistas destacados. Ao longo da vida do edificio, tamén se realizaron reformas para optimizar o espazo e facelo máis flexible.
Aínda que a Sala 1 e a Sala 2 existen no Centro Cultural desde os inicios, a decidida aposta do Centro Cultural polos artistas máis novos levou a habilitar unha terceira sala, a chamada Sala 0, tamén na planta baixa, para acoller especialmente proxectos de novos artistas e aquelas que requiran un menor espazo expositivo.
As dúas principais salas de exposicións, Sala 1 e Sala 2, situadas respectivamente na planta baixa e na primeira planta, constan ambas dunha superficie de 400 m2.
A Sala 1 representa o primeiro espazo de contacto perceptivo co visitante. A altura da sala permite expor obras de grandes dimensións.
A Sala 0, na planta baixa, nace como consecuencia dunha decidida aposta do Centro Cultural pola arte nova.