Esta exposición recolle o resultado do proceso de recuperación e restauración de oito lenzos propiedade da Deputación que estaban cun grave problema de deterioro e co risco de ser irrecuperables.
Ao longo dun proceso que durou máis de 12 anos, a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia protagonizou este traballo de posta en valor de obras singulares, algunha delas do Século XIX.