O Ateneo de Ourense organiza esta charla na que contaremos coa presenza destas dúas grandes entendidas da escritora galega
“Tiramos a memoria das mulleres do esquecemento, nunha conversa sobre mulleres do XIX: por unha banda as cigarreiras da Fábrica de Tabacos, que protagonizaron a primeira folga obreira de Galicia en 1831, ás que dá voz Emilia Pardo Bazán, pois son as protagonistas da novela A Tribuna, traducida ao galego por Valeria Pereiras. Por outra banda, mulleres aínda máis esquecidas, as presas do cárcere A Galera, protagonistas da novela As malas mulleres, de Marilar Aleixandre; delas apenas coñecemos o nome de Pepa a Loba; en 1863 Juana de Vega e Concha Arenal intentaron ensinalas a ler e escribir, o que foi obstaculizado polas autoridades, talvez por considerar perigosas as mulleres que len e escriben.”