Inauguración 21 de febreiro de 20:00
Ábrese ao público esta exposición onde Alexandro remítenos a eses montes abrasados polas chamas, a realidade da “paisaxe despois da batalla”.
A busca da beleza, a aspiración ao sublime, a perda da inocencia e o rescate moral son os catro piares que rexen a mesa na cal, desde sempre, o artista se senta para xulgar a súa partida, dicía, hai non moitos anos, o meu admirado Demetrio Paparoni. Unha mesa que segue sendo válida para definir o mellor que lle pode suceder hoxe á arte, unha mesa na que se pode sentar, sen ningunha dúbida, Alexandro.