Sonatas

Presentacións 10 de outubro de 19:30

Primeira edición ilustrada de “Sonatas” de
Valle-Inclán, en edición fixada por
Luis Alberto de Cuenca e ilustrada por Víctor López-Rúa. A presentación contará coa intervención de Xabier Limia.

Entre 1902 e 1905 Ramón do Valle-Inclán publicou as súas catro Sonatas, que narran fragmentos da vida do extravagante Marqués de Bradomin, unha especie de Don Juan feo, catolico e sentimental. Cada unha delas céntrase nunha estación ?Primavera, Estivo, Outono e Inverno, en clara alegoría á idade do protagonista, un ser cuxa única moral reside na estética e que se atopa constantemente perturbado pola pulsión sexual. Incluídas na lista das cen mellores novelas do século xx, desenvólvense en escenarios exóticos como Italia e México, ou en terras españolas como Galicia e a Navarra carlista. Perversas, provocadoras, políticamente incorrectas, sempre inquietantes, foron ilustradas nesta ocasión polo pintor Víctor Lópeaz-Rúa. O texto foi meticulosamente fixado por Luís Alberto de uenca a partir da última edición das Sonatas correxida en vida (1933) polo seu autor.

Ramón del Valle-Inclán.

(Vilanova de Arousa, 1866 – Santiago de Compostela, 1936) é un dos membros máis destacados do modernismo español. A súa obra satiriza a sociedade española da súa época con afán provocador, e a calidade do seu teatro, narativa e poesía convertérono nun dos autores principais do século XX español. De natureza bohemia, perdeu un brazo durante un duelo a bastonazos, visitou a fronte durante a Primeira Guerra Mundial, viaxou en varias ocasións a México e declarouse abertamente carlista. Creador do esperpento con obras como Luces de bohemia (1920), entre a súa producción literaria destaca a serie de novelas El ruedo ibérico (1927-1932) e as Sonatas (1902-1905), auténtico monumento do modernismo español.
.
Víctor López Rúa

(A Coruña, 1971) formouse como artista plástico en Italia e España e é unha das voces máis persoais da pintura figurativa española. A súa obra, que comenzou a expoñer en Madrid a finais dos noventa, recorre frecuentemente ao narrativo, con clara presenza da literatura e o cinema, o que non lle resta capacidade para crear un mundo propio onírico e surreal de inquietante extrañeza. Expuxo, entre outras prazas, en Madrid, A Coruña, Santiago de Compostela, Estoril, República Dominicana…

  • ¡Compárteo!