Carlos Tejerizo e Alexandro Rodríguez: “La ciudad de la selva”

Conferencias 11 de outubro ás 19:00

Con esta publicación finalizan os traballos iniciados en 2017 polo grupo científico Sputnik Labrego e dirixidos polo arqueólogo Carlos Tejerizo.

Este traballo tratou de comprender o fenómeno guerrilleiro no NO da península ibérica e no Estado español. Foi un proxecto de investigación que comezou en 2017 e foi realizado por Carlos Tejerizo e Alexandro Rodríguez, arqueólogos e investigadores. Dende entón documentáronse un total de 18 campamentos e cerca de 60 estruturas vencelladas co desenvolvemento da guerrilla entre os anos 1937 e 1951, ano en que os últimos guerrilleiros deixaron estes montes. Tiveron a oportunidade, ademais, de escavar 11 destas estruturas, que deron como resultado o que se pode considerar o conxunto máis relevante de materiais arqueolóxicos ligados a unha guerrilla de toda Europa. Todo isto revela a importancia da Ciudad de la Selva como referente memorial no presente. A intención deste volume foi sacar da “ausencia” esta interesante historia.

Organiza Ateneo de Ourense e Amigos da República.

  • ¡Compárteo!