CATA A ARTE – Arco da Vella

Eventos / Cata a arte 07 de novembro de 20:00

Adega: ARCO DA VELLA. A ADEGA DE ELADIO
Actuación: RECITADO DE POEMAS Á VIÑA E AO VIÑO

Arco da Vella a Adega de Eladio é unha pequena adega familiar que vén dunha saga de antigos viticultores-adegueiros asentados no concello de Beade. Co gallo de seguir a tradición herdada, Benito Eladio Rodríguez Fernández remodela a nova adega dotándoa de maquinaria e elementos de elaboración actuais  e cultivando as viñas herdadas inicia, no 2004, nova andaina no seo da D.O. Ribeiro.O camiño a seguir basease nos seguintes propósitos: viticultura: tradicional cuasi ecolóxica en viñas propias e cepa vella, castes autóctonas, sen herbicidas, insecticidas, nin antibotríticos velenosos. Elaboración tradicional con lévedos das propias uvas e temperatura de fervura controlada mediante equipo de frío.

Recitado de poemas á viña e ao viño por parte de Armando González López (poeta médico e letrista de María do Ceo), Pepa Álvarez Gómez (poeta e declamadora de Verín) e Benito Eladio Rodríguez Fernández (fundador da adega Arco da Vella a Adega de Eladio, poeta de Beade e membro do grupo “Por un Ribeiro poético”).

  • ¡Compárteo!