Presentacións 10 de setembro de 19:00
Nesta obra Luis destaca a importancia de familiarizar aos lectores novos ,e non tan novos, con autores de hai varios séculos e con textos que requiren adaptacións á linguaxe actual.
No seu minucioso traballo, Luis Daniel González, proporciona as claves e a guía de lectura desas obras, sitúaas no seu contexto e analízaas da man de autorizados especialistas ou adaptadores: desde Harold Bloom a Andrés Trapiello, pasando por Borges, Nuccio Ordine, Kafka, Alberto Mangel, Irene Vallejo, T. S. Eliot, Pierre Grimal ou Dostoyevski, entre outros.
O fío condutor é o «desexo de comprender» que dá título ao ensaio, do que falaba Hannah Arendt, e de acudir aos textos clásicos, que nos interpelan desde a distancia dos séculos, esas «letras antigas» que «curan a sarna moderna», como dicía Gómez Dávila.
Organiza Ateneo de Ourense.