ESCOLA DE ARTES E OFICIOS, TRABALLOS FIN DE CURSO 2024

ALUMNOS DA ESCOLA DE ARTES E OFICIOS DA DEPUTACIÓN DE OURENSE

Nesta mostra amósase unha selección dos traballos realizados polo alumnado das diferentes disciplinas que se ensinan na Escola: Debuxo, Pintura, Talla en Madeira, Modelado de Barro e Olería. Cada obra pertence a diferentes fases do proceso de aprendizaxe, dende alumnos de primeiro ano ata veteranos con anos de práctica. O academiscismo mestúrase cunha visión vangardista poñendo en valor o desempeño técnico e estético dos oficios pero sen esquecer a función expresiva e comunicativa intrínseca nas artes plásticas.

  • ¡Compárteo!

Textos da exposición

Comeza a andaina da nosa Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense hai xa 132 anos o que a fai unha das máis antigas de Galicia.
A inspiración na súa creación e desenrolo foi tomada do movemento británico “Arts&Crafts” de William Morris (1834-1896) na segunda metade do século XIX.
Pouco mais dun século despóis atopámonos nestes tempos de tecnoloxía dixital, incluida a intelixencia artificial, que nos fan desapegarnos da creación manual, mais, porén, na nosa Escola co notable crecemento do número de matriculados, podemos albiscar un futuro esperanzador para as artes e os oficios manuais na “terra da chispa”.
Nesta mostra amósase unha selección dos traballos realizados polo alumnado das diferentes disciplinas que se ensinan na Escola: Debuxo, Pintura, Talla en Madeira, Modelado de Barro e Olería. Cada obra pertence a diferentes fases do proceso de aprendizaxe, dende alumnos de primeiro ano ata veteranos con anos de práctica. O academiscismo mestúrase cunha visión vangardista poñendo en valor o desempeño técnico e estético dos oficios pero sen esquecer a función expresiva e comunicativa intrínseca nas artes plásticas.

Currículum do artista