Un tótem, segundo a RAE, é un obxecto da natureza, xeralmente un animal, que na mitoloxía dalgunhas sociedades se toma como emblema protector da tribo e do individuo, ou, como segunda acepción, emblema tallado ou pintado que representa o tótem.
Libélulas, bolboretas, pitas, galos, paxaros xigantes, cabalos, mulas son, nesta exposición, sinécdoques -elementos que porta dun modo ou doutro o vestido, que é un totum- que emerxen dunha especie de bestiario popular que convive na vida cotiá dun grupo humano localizado. E é o home o que porta estes símbolos e as máscaras -máscara é “persoa” en grego antigo- tales como pantallas, cigarróns, peliqueiros, boteiros…
O Entroido convértese no símbolo e na encarnación da festa popular e pública, totalmente independente dos poderes fácticos da Igrexa e o Estado, tacitamente consentido por estes.
Lembro aquí esta bela frase de Goethe : “Aquel que participa no Entroido, o pobo, é o amo absoluto e alegre da terra anegada de claridade, porque só coñece a morte na espera dun novo nacemento, porque coñece a alegre imaxe do devir e do tempo.”
Os topoi, como dicía Aby Warburg, son conceptos que transcenden ao longo do tempo da historia, o sacro e o pagán e viceversa. As ideas do poder relixioso, civil, social, xudicial e o pobo que se rebela e celebra a creación, a morte e a resurrección teñen o seu antecedente directo nas bacanais romanas -máscaras que eran fi guras humanas con cabezas de animais-. Velaí que os galegos
somos fundamentalmente romanos. O Entroido alude a ese paraíso no que todo está permitido, onde o home racha as barreiras xerárquicas con total liberdade, relativiza o poder e establece as súas propias normas para acadar.
Luis Vázquez.
Lcdo. en Historia da Arte.
Lugar: Hall e Sala 0
Horario: Luns a venres de 11.00 a 14.00 h. e de 17.00 a 21.oo h, sábados, domingos e festivos de 11.00 a 14.oo h.
Precio: De balde
Visitas guiadas:
Comisariado: