Unha mostra que conmemora o vixésimo aniversario da fundación da Academia Galega do Audiovisual.
A cámara de Aigi Boga retratou a Sara Horta, Brais Romero, Lorena Vilas, Sandra Sánchez, Susana Veira, Marga Pazos, Luía Catoira, Nani García, Marisela Lens, Tomás Conde, Virginia Curiá, Lorena Vilas, Antonio Pereira, Jorge Coira, Melania Cruz, Milo Baños, Tito Asorey, Alba Gallego, Paablo Lamosa, Maria Vázquez, Marcos Nine e David Machado. Vinte academicas e academicos que compoñen unha serie de vinte fotografias en gran formato que quere constituir unha homenaxe ás e os profesionais que , ao longo de vinte anos, teñen contribuido a enriquecer á vida da Academia.
A mostra complétase coa proxección dun vídeo con testemuñas das persoas retratadas, que fía un percorrido por dúas décadas de historia do audiovisual, ao tempoque visibiliza o traballo das distintas familias profesionais que conforman a Academia. Tamén se exhiben os distintos trofeos cos que a Academia premia iniciativas relacionadas co sector audiovisual.
Lugar: Hall
Horario: Luns a venres de 11.00 a 14.00 h e de 17.00 a 21.00 h., sábados, domingos e festivos de 11.00 a 14.00 h
Precio: De balde
Visitas guiadas:
Comisariado: MARÍA YAÑEZ
Esta exposición non ten ningún video asociado