Golpe a golpe
No Renacemento, o máis destacable non era que o artista se convertese nun observador da natureza, senón que a obra de arte se transformase nun estudo desta. “A medida –relata Arnold Hauser- que a sociedade e a economía se liberan das cadeas da doutrina da igrexa, a arte vólvese con rapidez progresiva cara á realidade”. “Unha realidade en modo inmediato, sen nin sequera quedar abraiado ante o fisiolóxico e bestial, reducindo esta a un feito privado de significado ningún”, son os riscos. “Aspectos destrutivos do naturalismo”, que diría o filósofo Whilhelm Dilthey.
Polo bosque
Cae a tarde, escurece. Unha brisa suave discorre entre as árbores, perfila as pólas, axita as súas follas. Cada exemplar parece máis nobre que o anterior. O aire avanza entre eles coma se se tratar de deixarse seducir polo máis belo, o de maior envergadura. Ao bosque envólveo a noite; talvez non sexa máis que unha escusa. O ocaso da tarde, a contraluz das pólas entrelazadas nun ceo azul anil desvélase na improvisada sinfonía sonora de quen habita no seu interior; na súa maioría, paxaros que copan as cimas das árbores. Tamén outras voces.
A vida é xogo
Sobre un gran mesado, un grupo de figuras entréganse ao xogo do amor, rebuldan entre si sen preámbulos e sen outra causa que se afaste do gozo. A escena, ambigua, é contemplada por media ducia de figuras a ambos os lados, homes e mulleres cubertos por unha pintura casta que os identifica, en actitude de espera, coma quen agarda a vez; eles tamén queren participar.
375 figuras miúdas saltando, correndo de aquí para aló. A escena de por si é sorprendente. É coma se un ser superior lles inoculase a vida e as soltase na sala. Entre elas desátase a loucura, unhas están berrando, outras collen impulso, elévanse; hainas tamén amándose, alleas a calquera perigo, coma na vida mesma. O pequeno exército déixase levar como partícipe dunha estraña cerimonia en que cadaquén interpreta o seu papel. “O xogo –segundo Gadamer- imponlle as súas propias regras a quen participa nel” e onde son posibles distintas opcións. Estes seres coñecen o xogo. E déixanse levar. O artista míraos impávido, coma se foren os seus propios fillos, que non o son.
O conxunto
A árbore, historicamente, pola ductilidade da súa madeira, é materia coa que as persoas representaron os seus soños e anhelos. As árbores coas que o artista traballa tamén foron bosque. Aínda que a el chegasen recicladas doutros usos, Álvaro sempre tivo esa querenza. O artista labra o tronco, golpéao preciso, a súa mente xa sabe o que habita no seu interior, é cuestión de tempo. Golpéao firme, o machado afiado desbasta a madeira ata alcanzar a forma. A figura déixase entrever, semella inquieta, desexando ser ela mesma.
“A árbore da vida”, de Álvaro de la Vega, é unha grande escenificación onde a humanidade representada vaga libre de pecado como o mito ao que alude. Figuras xoviais, tenras, ensimesmadas, hipnotizadas polo momento, polo frenesí dun mundo despreocupado dos problemas. E a dicir verdade, así, a quen lle importa o mañá?
Tamén o corpo
O corpo é a cuestión, o tema: o corpo humano como campo de batalla. Golpe a golpe, perfilando cada figura coa nobreza do oficio e a curiosidade infinita do artista atento. Golpe a golpe. Dar vida co machado, co instrumento mesmo co que outros a quitan. O artista faino con destreza desde neno, como cando alimentaba os soños cos troncos que quentaban a panadería da familia. Son pezas expresivas, dun primitivismo rabioso; intúese a figura humana, pero son esculturas, non réplicas, por iso invocan a vida.
En “A árbore da vida” evoca, como non, a árbore do coñecemento do ben e do mal, o Xardín do Edén, do Xénese 2-3, onde Adán e Eva, espidos, caen na tentación enganados pola serpe. Toda unha mensaxe católica, a mesma que a iconografía relixiosa perpetuou durante séculos nos arcos e pórticos das igrexas, a modo de advertencia seria do perigo de calquera tentación mais tamén é recollido por todas as relixións, tradicións mitolóxicas ou filosóficas.
A escultura
A tradición da escultura figurativa non é un camiño moi transitado na arte contemporánea, aínda que hai un nutrido número de artistas moi significativos. Un ten en mente a Bourgeois, a Stepehen Balkenhol, Antony Gormley, por expresalo nunha breve nómina de artistas. Álvaro coñéceos ben a todos eles pero segue –sempre o fixo- as súas propias premisas, tamén esta aposta polo escenográfico como forma de ampliar os mundos aquí representados. No deambular entre as figuras no seu frenético divertimento, o autor fainos cómplices, completando o xogo, tamén a peza.
A escultura bebe da figura e da realidade humana. De la Vega indaga a esencia da condición humana, no seu existir anhelante, as súas pulsións eróticas; no xogo. Seres que, como no principio dos tempos, se entregan ao desexo e á tentación da carne; personaxes que son escravos das súas emocións: “quen estea libre de pecado que tire a primeira pedra”.
Troula
Álvaro de la Vega sempre profundou na Historia da Arte, na Mitoloxía e nas proxeccións filosóficas. Tomouno como referente necesario. Se noutras ocasións pousou a súa mirada en Géricault, agora semella inspirala nun fragmento do “Xardín das delicias” do Bosco. Tamén aquí é libre o universo simbólico recreado, cada unha e cada un de nós, espectadoras e espectadores, completaremos o revivido ata onde esteamos dispostas e dispostos a soñar. Na escena inicial do Bosco, onde o Deus creador suxeita o pulso de Eva baixo a mirada dun Adán deitado, aparece a Árbore da Vida, unha árbore exótica, un drago; nun segundo plano, unha árbore do ben e do mal, onde está presente a serpe tentadora. O conxunto está repleto de animais voadores,
réptiles e insectos, representantes do pecado masculino e feminino. A peza de Álvaro sintetiza ben ese mesmo pensamento.
A última das escenografías representadas por Álvaro de la Vega non é o inferno do “Xardín das delicias”; neste caso, todo é máis terreal, coetáneo, é a máis aproximada ao noso tempo, a denominada “*La ola”. 75 figuras en actitude de “*facer a ola”, tan habitual nos eventos deportivos do noso tempo. Figuras que nun momento determinado se elevan sobre si mesmas e alzan os brazos eufóricos en sintonía cos que están xunto a el.
Poucas veces na historia desta sala, unha exposición alude desta maneira a temas tan recorrentes e universais, unindo a mestría escultórica de Álvaro cunha lectura viva do relato.
Ao final adentrámonos no bosque, no fragor da noite escura escóitase a voz dos seus moradores.
José Paz.
ÁLVARO DE LA VEGA
Álvaro de la Vega nace en Paradela (Lugo) en 1954, lugar onde pasará a súa infancia e que terá grande influencia en toda a súa creación artística. Por motivos familiares, trasládase a Luarca (Asturias) uns anos. Regresa a Lugo para rematar os seus estudos de Bacharelato. É nesta cidade onde realiza a súa primeira exposición, da que so se conserva un cadro. Con vinte e dous anos trasládase a Barcelona para cursar estudos de Belas Artes. Nesta etapa inicial, a pintura é o seu medio habitual de expresión e as súas principais fontes de influencia, a fotografía e o cómic, chegando a explorar o graffiti.
É en 1990, tras instalarse en Corcubión (A Coruña), cando comenza a explorar a linguaxe escultórica. Para elo toma como punto de partida a figura, tanto humana como animal, “Somos pel sostida sobre unha estructura. Por eso fixen un esqueleto como punto de partida”. É de novo en Barcelona onde realiza a súa primeira exposición individual de escultura na Galería Tom Maddock en 1991.
Estas primeiras obras de madeira caracterízanse polo uso da pintura como medio para potenciar o valor expresivo.
Durante a década dos 90, a súa linguaxe escultórica consolídase aparecendo outro tipo de materiais como o ferro, a cerámica ou a pedra, materiais vinculados á natureza ou as profesións tradicionais. “O ferro é un material humilde, cotiá: “ No ferro fúndense o colectivo e o fugaz, o individual, o solitario, o estricto”. Os finais dos noventa inician unha etapa de intensa actividade expositiva, que se extende ata a actualidade, con presenza en importantes galerías e institucións. Ó mesmo tempo inicia a carreira internacional e a súa obra comenza a formar parte de destacadas coleccións públicas e privadas.
A mediados da primeira década deste novo século, o artista profundiza na exploración da relación da obra co espazo. Para elo utiliza os máis diversos recursos, desde cables que se fixan a paramentos ou ós teitos xerando tensións, a cerramentos ou soportes que actúan como verdadeiras intervencións no lugar que ocupan. Esta interrelación entre espazo-obra-espectador continúa sendo na actualidade un dos eixos do seu discurso artístico, un discurso maduro e depurado que evoluciona gardando fidelidade absoluta aos seus principios fundamentais.
Nas propias palabras do artista: “Antes que nada unha escultura é unha presenza que comunica cun valeiro e creo que por aí debe comezar o espectador”.
EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS
2019. “A árbore da vida”. MARCO . Vigo.
“Pronomes reflexivos”. Galería de arte do Convento do Espírito Santo. Loulé . Portugal.
2018. “As partes e o todo”. Galería La catedral. Lugo.
2017. “Desinencias”. Moret Art Espacio. A Coruña.
2015. “Atalayas”. Galería Dua 2. Vigo.
“Atalaias . Ou espazos lixeiros. Ou como mirar a quen mira”. Galería Clérigos. Lugo
2014. “Adverbios de modo”. Moret Art Espacio. A Coruña.
2012. “Emerxentes”. Citania. Santiago de Compostela.
“Transversais”. Clérigos. Lugo.
Ilustración de “FOLLAS NOVAS”. Colección: ROSALÍA DE CASTRO. POESÍA ILUSTRADA VOLUMEN III. Edt: El Patito Editorial.
2010. “Adverbios de lugar”. Moret Art Espacio. A Coruña.
2009. “Puntos de encontro puntos de fuga”. Biblioteca Ánxel Casal. Santiago de Compostela.
2008. Galería PM8. Vigo.
2007. Galería Ana Vilaseco. A Coruña.
2006. “Álvaro de la Vega”. Centro Social Caixanova. Vigo.
“Álvaro de la Vega”. Galería Espacio 48. Santiago de Compostela.
2005 . Centro Cultural Deputación. Ourense.
2004. “Álvaro de la Vega”. Galería Espacio 48. Santiago de Compostela.
2003. Galería Por Amor á Arte. Porto, Portugal.
“Álvaro de la Vega”. Museo Provincial de Lugo.
2002. Galería Clérigos. Lugo.
Galería Cuatro Diecisiete.Madrid.
Galería Alameda Vanguardia. Vigo.
2001. “Álvaro de la Vega”. Museo Barjola. Gijón.
2000. Galería Sargadelos. Ferrol.
1999. Galería Clérigos. Lugo.
1998. Escuela Técnica Superior de Arquitectura. A Coruña.
Palacio de Congresos y Exposiciones. Madrid.
Casa da Parra. Santiago de Compostela.
1997. Galería Citania. Santiago de Compostela.
Galería Sargadelos. Ferrol.
1996. Galería Clérigos. Lugo.
Galería Sió Levy. Barcelona.
Galería Obradoiro de Artes. Tamallancos. Ourense.
1995. Casa de Galicia. Madrid.
Galería Obelisco. A Coruña.
Galería Alameda. Vigo.
1994. Galería Obelisco. A Coruña.
1991. Galería Tom Maddock. Barcelona.
Galería Denise Levy. Paris.
1984. Claustro de San Martín Pinario. Santiago de Compostela.
Sala Planta Baja. Granada.
1981. Galería Sargadelos. Madrid.
1980. Galería Taller Picasso. Barcelona.
1978. Galería Taller Picasso. Barcelona.
1974. Palacio de la Diputación Provincial. Lugo .
EXPOSICIÓNS COLECTIVAS
2018. É de pau, é de pedra”. Biblioteca FCT NOVA. Campus de Caparica. Lisboa. Portugal.
2017. “Álvaro De la Vega e Vítor Ribeiro”. Galería Municipal de Arte. Barcelos. Portugal.
“Buen camino, good way”. Fundación Exponav. Ferrol.
“Animalium”. MIHL. Lugo.
“Bo Camiño”. Igrexa da Universidade. Santiago de Compostela.
2016. Simposio de escultura en mármore. Matosinhos. Portugal.
“Ultreia. Bo Camiño”. Sarria. Lugo
2014. ART MADRID. Moret Art Espacio.
2013. ART MADRID. Galería Montenegro.
“45 días in situ”. Galería Visol. Ourense.
2012. “Reflexarte”. Itinerante.
“73x73x273. A irmá do sono”. Santiago de Compostela. Lugo.
“A arte de ser muller nun mundo por compartir 4.0” . Pazo de San Marcos. Lugo
2011. Arte na vila. Galería a+b. A Guarda. Pontevedra.
Espacio Atlántico. Vigo.
“10 Visiones contemporáneas”. UBS España. Madrid.
2010. “Arte na provincia. Espazo e creación”. Diputación de A Coruña. A Coruña.
“Colectiva de verano”. Galería Clérigos. Lugo.
“Escultura de pared”. Galería Clérigos. Lugo.
“Cidade dos soños”.Simposio de escultura en pedra. Pazo de Castrelos. Vigo.
Espacio Atlántico.Vigo.
Galería Dua2. Vigo.
2009. ART MADRID. Galería Metro.
ARTE LISBOA. Goran Govorcin.
“Colectiva de Navidad”. Galería Clérigos. Lugo.
Simposio de escultura. Vila Nova de Gaia. Portugal.
2008. “5 Visións desde os 90”. Centro Torrente Ballester. Ferrol.
Encuentro de escultores. Universidad de La Salle. Madrid.
MU. Casa da Parra. Santiago de Compostela.
DEZ – Escultores contemporãneos. Ílhavo. Portugal.
Simposio de escultura. Chaves. Portugal.
2007. “Raíces do aire”. Concello. Lugo.
Simposio de escultura “Bodegas Godeval – Monasterio de Xagoaza”. Barco de Valdeorras. Ourense.
2006. Diputación Provincial. Lugo.
2005. “Amurallando soños”. Museo Provincial. Lugo.
2003. “Sarria Contemporánea”. Lugo.
2001. Portoarte. Porto. Portugal.
Artesarria. Sarria. Lugo (itinerante).
2000. “Compostela 2000”. Santo Domingo de Bonaval. Santiago de Compostela.
Galería Atlántica. A Coruña.
1999. Foro Atlántico. Galería Clérigos. Pontevedra.
1998. Proyecto TVG. Santiago de Compostela.
1997. V Certamen de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo. Diputación Provincial. A Coruña.
“Galicia Terra Única”. Santiago de Compostela e Vigo.
“Esquina atlántica”. Amberes, Brujas e Bruselas. Bélgica.
V Bienal de Arte Unión Fenosa (Macuf). A Coruña.
Foro Atlántico. Estación Marítima. A Coruña.
1996. Galería Ana Jacob. Madrid.
Galería Clérigos. Lugo.
1995. Galería Ana Jacob. Madrid.
IV Bienal de Arte Unión Fenosa. A Coruña.
1993. “El Blanc Negre”. Galería Balmes 21. Barcelona.
1992. Proyecto Nasa. Sala Nasa. Santiago de Compostela.
II Bienal de Minigravado. Ourense.
1991. Galería Tom Maddock. Barcelona.
Caja Postal. Cuenca (itinerante).
1989. Galería Tom Maddock. Barcelona.
1988. Maison Gilbert-Albi. Lezignan. Toulouse. Francia.
VII Biennal d‘Art Contemporani. Barcelona.
1986. “17 Pintores de Lugo”. Galicia (itinerante) e Buenos Aires.
IV Biennal d‘art Contemporani (3º premio). Barcelona.
1984. “Novos Valores Lucenses”. Galicia (itinerante).
1983. Mail Art. Bienal de Arte. Pontevedra.
1982. Galería Joan de Serrallonga. Barcelona.
1980. II Biennal d’art Contemporani (mención de honor). Barcelona.
1979. Homenaje a Barradas. Museo Municipal. L’Hospitalet de Llobregat, Barcelona.
Coleccións
· Paradores de Turismo de España. Colección artística.
· Museo de Belas Artes de A Coruña.
· Museo Provincial de Ourense.
· Museo Provincial de Lugo.
· Museo Etnográfico de Fonsagrada. Lugo.
· Domus, Casa do Home. A Coruña.
· Fundación Caixanova.
· Colección de Arte Contemporáneo Gas Natural-Unión Fenosa.
· Universidade de Santiago de Compostela.
· Diputación Provincial de A Coruña.
· Concello de Vigo.
· Concello de Paradela. Lugo.
· Concello de Saviñao. Lugo.
· Centro de Saúde de Ribas do Sil. Ourense.
· Centro de Saúde de Pol. Lugo.
· Centro Sociocultural de Cabo de Cruz. Boiro.
· Xacobeo. Santiago de Compostela.
· Fons d’art Caixa de Barcelona.
· Fondos de Arte Caja Postal. Cuenca.
· Fons d’art Universitat de Barcelona.
· Museo Barradas. L’Hospitalet de Llobregat.
· Museo d’Art Contemporani de Barcelona.
Lugar: Sala 2
Horario: Luns a venres de 11.00 a 14.00 h. e de 17.00 a 21.00 h. Sábados, domingos e festivos de 11.00 a 14.00 h.
Precio: De balde
Visitas guiadas:
Comisariado: