A Fundación Eduardo Blanco-Amor expón no Centro Cultural unha selección de caricaturas de Siro e unha ampla colección bibliográfica pertenecente a Carlos Laíño, ambas sobre este autor fundamental.
Di Siro: «E velaí nestes retratos, caricaturas e “visións” o Eduardo Blanco Amor que eu recordo. Nos que tentei afondar no seu interior, saiume o Blanco Amor entrañable, que me inspirara tanta tenrura. No conxunto destes deseños está o meu Eduardo Blanco Amor».
Dinos E.B-A.: “Siro está acostumado a esaxerar os rasgos da xente para facer dos retratos caricaturas; a súa caricatura é, afortunadamente para a nosa boa amizade, unha caricatura que quere parecerse de lonxe ao orixinal pero non é triste a pesar de que me fixo unha nariz pingona así de xudeu, pero bastante obxetiva.» (Intervención de Blanco-Amor no Círculo de Perlío, 1976).
É esta a maior exposición bibliográfica sobre Eduardo Blanco-Amor que se ten realizado ata o momento. Mostra unha parte da colección de Carlos Laíño: «Son cerca de cincocentos volumes que compoñen o meu arquivo dos que só algúns deles forman parte desta exposición. Volumes que fun recadando dende hai case cincuenta anos. En canto á Fonoteca, moito do material son gravacións realizadas por min cunha gravadora de peto e dixitalizadas con posterioridade».
O propio Blanco-Amor da testemuña da importancia do labor de creación da colección: «Para o meu querido amigo, Carlos Laíño, que con tanta bondade e intelixencia se ocupa da miña obra literaria».(Blanco-Amor, Ourense, abril de 1977).
Lugar: Sala2
Horario: Luns a venres: 11.00 a 14.00 h e de 17.00 a 21.00 h. Sábados, domingos e festivos: 11.00 a 14.00 h.
Precio: De balde
Visitas guiadas:
Comisariado:
Esta exposición non ten ningún video asociado