De Mar a Mar. O Camiño de Santiago en 3D. Vía da Prata é unha mostra de fotografías en tres dimensións, con pezas espectaculares e de gran formato, realizadas coa técnica estereográfica onde se presentan imaxes do patrimonio, paisaxes e peregrinos que percorren esta vía de peregrinación.
O Plan Director e o Plan Estratéxico do Camiño de Santiago en Galicia 2015-2021 contempla a potenciación de todas as rutas de peregrinación a Santiago de Compostela, centrándose no ano 2019 o interese e a promoción da Xunta de Galicia na Vía da Prata ou “Camiño Mozárabe”.
Andalucía é o punto de partida deste Camiño a Santiago que atravesa a Península Ibérica de sur a norte, percorrendo tamén Estremadura e parte de Castela e León, antes de entrar en Galicia por A Mezquita. En terras galegas este Camiño de Peregrinación é o trazado xacobeo de maior percorrido, atravesando tres das súas catro provincias. O peregrino contempla nesta ruta un valioso patrimonio natural, etnográfico e histórico, ao seu paso pola provincia de Ourense, a comarca do Deza e a canle do río Ulla, espazos plenos de atractivo e que contribúen a unha experiencia xacobea excepcional.
De Mar a Mar. O Camiño de Santiago en 3D. Vía da Prata é unha mostra de fotografías en tres dimensións, con pezas espectaculares e de gran formato, realizadas coa técnica estereográfica onde se presentan imaxes do patrimonio, paisaxes e peregrinos que percorren esta vía de peregrinación.
O título da mostra fai referencia a unha cita do Libro IV do Códice Calixtino, na que o apóstolo Santiago, aparecido en soños a Carlomagno, pídelle que libere o seu Camiño e visite a súa basílica e sartego, profetizando que “… despois de ti irán alí peregrinando todos os pobos, de mar a mar…”.
Lugar: Sala 0
Horario: Luns a venres: 11.00 a 14.00 h e de 17.00 a 21.00 h. Sábados, domingos e festivos: 11.00 a 14.00 h.
Precio: De balde
Visitas guiadas:
Comisariado:
Esta exposición non ten ningún video asociado