Soliloquios

Soliloquios

RAMÓN CONDE


  • ¡Compárteo!

Textos da exposición

Hai dúas razóns polas que esta exposición é especial. Unha porque é na miña cidade e outra porque no Centro Cultural Marcos Valcárcel encántame expor.

Dicir que a arte é, entre outras moitas cousas, unha expresión dos sentimentos do artista de tan obvio, resulta tópico. Pero, cando esta faceta está buscada de forma deliberada, xa deixa de selo para converterse en todo un programa. Trátase de deconstruír a arte de multitude de engadidos e quedar coa súa función primaria como elemento de expresión íntima.

A preparación desta exposición sufriu unha metamorfose en pleno desenvolvemento, de ser unhas obras con significado en si mesmas mudei a pequenas instalacións. Ambos proxectos convivirán repartíndose o espazo expositivo.

Falarei en primeiro lugar destas montaxes que aínda que posteriores na súa elaboración, resúltanme máis novidosas.

– O mito de Pigmalión e Galatea, narrado por Ovidio nas súas metamorfoses, sempre me resultou fascinante, quizá porque nel vexo reflectido ese anhelo de materializar sentimentos. Pigmalión, escultor, crea unha obra feminina de tal beleza que se namora dela e roga a Afrodita que lle dea vida.

As obras que creamos son reflexo dos nosos desexos ou recordos reelaborados como facemos cos soños. Ao obxectivalos, ao darlles corporeidade máis aló da evanescencia da nosa mente, permite enfrontarnos a eles na vida real. Isto é reflexo dunha necesidade emocional, a de comprendernos.

Retomando o fío de Pigmalión, neste caso, o meu Pigmalión máis ben parece preocupado ou resignado que feliz polo espertar de Galatea. Algo así como o mito de Frankenstein. Galatea recentemente nada, está encantada de espertar á vida e comeza espreguizándose….agora empezan os problemas para Pigmalión e reflícteo coa súa actitude resignada, expectante.

– O baño de Susana é nomeado na biblia, en concreto no libro de Daniel. A caste Susana é espiada durante o baño por dous anciáns, que ao negarse esta a satisfacerlles como o seu minguante erotismo demanda, acúsana de impúdica. É unha narración que reflicte algúns dos nosos comportamentos sociais, acusamos do que desexamos para obtelo ou destruílo.

– En “El fanfarrón” non hai desculpa literaria, aínda que é a modo dunha escena costumista. O personaxe central parece contar o que é capaz de facer co que ocultan as súas mans e o seu público ten distintas actitudes críticas. É unha reflexión sobre as dificultades na comunicación. Tratamos de transmitir unha idea e a súa comprensión é aleatoria, xa que depende dos sentimentos de quen escoita. Estes desaxustes na información son cotiáns na nosa experiencia. A vida en sociedade está baseada nesta necesidade de facer comprensibles as nosas ideas aos outros, en xeral para conseguir que se nos unan cara un fin.

– “Recuerdos de otros tiempos” xorde do recordo dos meus anos de “mili”. Someterse á autoridade doutros é sempre castrador, aínda que os nosos logros sociais poden facelo ver como positivo. A civilización posiblemente non existiría sen a coordinación de esforzos individuais para metas que superan as nosas posibilidades, pero si son alcanzables colectivamente. Aínda que na maioría das situacións diarias non deixa de ser unha fraude persoal pospor as nosas necesidades por un canto de sirena.

En canto ao resto das obras, podería dividilas segundo distintos criterios.

Comezaremos polas figuras “gordas”. En realidade visualízoas como montañas. Teñen aparencia real pero son imaxes condensadas como as dos soños. Desde a nosa óptica de dormente, as imaxes da nosa mente son perfectamente reais e lóxicas. Desde a perspectiva de vixilia, esas inocentes imaxes recoñecémolas formadas por multitude de experiencias persoais diferentes, adoita resultar fascinante tratar de descifrar este código de linguaxe entre as nosas emocións e a nosa razón.

Algo así ocorre con estas obras e dubidamos por exemplo se son homes, mulleres, novas ou vellos, en realidade é unha mestura de todo á vez como calquera imaxe obsesiva. A pesar de ser vitais non deixan de ter gran rigor arquitectural.

Desde outra óptica son unha especie de deusas nai, de espíritos das montañas, algo telúrico reflexo da miña paisaxe de infancia. Á parte da evidente aparencia humana, en xeral feminina, evocan certa orografía que varía o seu formato segundo as distintas épocas en que as realicei. Foron cambiando desde formas explosivas ata formatos rectangulares, cuadrangulares ou totalmente encartadas sobre si mesmas. Non deixa de ser curioso que algo en aparencia tan simple (unha persoa cambiando de postura) me exerza esta fascinación durante tantos anos e a aborde sempre como un problema formal novo.

Chámame a atención o obsesivas que resultan algunhas ideas na obra de moitos creadores, dá igual a especialidade, novelistas, pintores, escultores, cineastas… Sempre cada autor recae nunha mesma temática moi concreta e pasa a súa vida querendo desentrañala.

A gran paternidade é unha primeira versión para a obra EL TITÁN do Álvaro Cunqueiro de Vigo. Resaltaría o seu aspecto de cova protectora e a diferente actitude entre ambos os personaxes, a antítese entre a tensión dun e a relaxación do outro, a forza e a debilidade, a vixilia e o soño.

Hai outro apartado de pequeno formato que trata de reflectir como se forman as imaxes na nosa mente, empeño un tanto curioso para tratalo en escultura, pero forma parte da miña fascinación polo funcionamento da mente.

Non quero alargar moito máis esta introdución, só unhas palabras sobre como percibo a miña obra ou o meu papel como artista.

Non me tentan os postulados hoxe máis ou menos en boga, aínda que é certo que como ocorreu noutros tempos históricos de grandes cambios de paradigma, pódese sobrevivir levando o teu propio camiño. É unha cuestión de gusto persoal meterse por vereas solitarias, pero tamén está o pracer do pioneiro, da soidade compartida para que compense emocionalmente. Quizá o máis fascinante da creación é que non sabes onde conduce, nunha visión superficial pode parecer que sempre estás a dar voltas ás mesmas obsesións aínda que ti percibas grandes cambios, moitas veces inesperados que ás veces custa aceptar, pero se te adentras por eles o resultado produce unha íntima satisfacción como a que descobres tras camiñar por unha verea descoñecida.

E xa finalmente, se consigo que vos resulte interesante esta exposición dareime por recompensado dos esforzos de creala.

Currículum do artista

Exposiciones Individuales

 

2019

Galería La Catedral, Lugo.

2018

Galería de arte Luísa Pita, Santiago.

2016

Apo’strophe Sala de Arte, Vigo.

2015

Sala Alterarte de la Universidad de Vigo, Ourense.

2014

Plazas del Obradoiro y Platerías, Santiago.

El Cercano, Ourense.

2013

Ciudad de la Cultura de Galicia, Santiago.

2012

Museo de la Ciudad, Móstoles.

Centro Cultural Diputación, Ourense

2011

Espacio de Arte Coleccionan, A Coruña.

2010

Centro Social Caixanova, Vigo.

Hostal de los Reyes Católicos, Santiago.

Vicerrectorado de Lugo.

2008

Sala de arte Zeus, Zaragoza.

2007 

Casa de Galicia, Madrid.

Galeria Amar Arte, Lugo.

2005

Salón del Casino. Santiago.

2004

Exposición por las calles de Ourense.

Museo Municipal, Ourense.

Gal. Ana Vilaseco, A Coruña.

2003

Consulado General de España, Hannover.

Komunalle Gallery, Berlín.

Gal. en Cork Street, Londres.

2002

Gal. Artenova, Vigo.

Gal. Borrón 4, Cambados.

Gal. José Lorenzo, Santiago.

2001

Museo Municipal, Lalín.

Sala Rivas Briones, Villagarcía.

2000

Gal. Bacabú, Lugo.

1999

Exposición en las calles del Casco Viejo de Tui.

1997

Centro de Arte Jaime Trigo, Pontevedra.

Gal. Visol, Ourense.

1996

Gal. Clérigos, Lugo.

Área Central, Santiago.

1995

Gal. Atlántica, A Coruña.

1994

Gal. Alameda, Vigo.

1993

Casco Urbano, As Pontes.

1992

Expo´92, Sevilla.

Gal. Manuel Vilches, Marbella.

Gal. Clave, Murcia.

1991 

Gal. Arte, Madrid.

Gal. Saira, Vigo.

1990

Gal. Serrano 141, Madrid.

1989

Gal. Pardo Bazán, A Coruña.

Gal. Expresión Ourense.

1988

Casa da Parra, Santiago.

Gal. Pardo Bazán, A Coruña.

1987

Gal. Sen, Madrid.

Gal. Jaume, Palma de Mallorca.

Durán Noriga, A Coruña

1986

Gal. Sen, Madrid.

Gal. Gaudí, Barcelona.

1983

Gal. Novecento, Vigo.

1982

Gal. Novecento, Vigo.

1980

Gal. Sargadelos, Santiago.

1979 

Gal. Adro, A Coruña.

1978 

Museo Arqueológico, Ourense.

1977

Gal. Novart, Madrid.

1972 y 1976 

Museo Arqueológico, Ourense.

 

Exposiciones Colectivas

 

2019

3 Bienal Internacional de Arte Gaia, Alfândega da Fé (Portugal).

2018

Figuration Critique, París.

2017

The ArtBox Projects. Nueva York.

Palacio de Mateus, Vila Real (Portugal)

II Simposio Internacional de Escultura, Bakú (Azerbaiyán).

Figuration Critique, París.

Novena Bienal de Sarria. Salón Internacional de Arte.

III Simposio mediterráneo de arte contemporáneo, Túnez.

Galería Pierre-Alain Challier, París.

Galería de arte Ap’Arte, Oporto.

2016

Figuration Critique, París.

2015

Figuration Critique, París.

Salón Internacional de Sarria.

2014

Faladoiro, arte e palabra. Santiago.

2013

“Illados”. Itinerante.

Salón Internacional de Sarria.

2012

Quinta do Ramo, Tomiño.

Galería Cassiopea, Roma.

Embajada de Egipto, Roma.

Feria de Arte Contemporáneo «Arteando», Irún.

Art Madrid.

2011

“I Semana del Arte” de Marina D’or, Castellón.

Feria Espacio Atlántico, Vigo.

2010

Espacio de Arte Fundación Araguaney, Santiago.

Museo Municipal, Ourense.

Caixa Galicia, Santiago.

2006

Hotel Araguaney, Santiago.

Espacio para el arte Caja Madrid. Aranjuez.

2005

Gal. Auriol Arte. Santiago.

2004

Gal. José Lorenzo, Santiago.

Gal. Trisquen y Medulio, Tui.

2003

Exponor, PortoArte, Oporto.

Gal. Trebellar. A Coruña.

2002

Gal. Dua2, Vigo.

Gal. AC, Madrid.

Exponor, PortoArte, Porto.

2001

Exponor, PortoArte, Porto.

1999

CEG, Santiago.

1998

Hotel Don Carlos, Marbella.

 

1996

Gal.Bennasar, Madrid.

1995

I Feria de Arte Contemporánea, Santiago.

1993

Gal. Bat, Madrid.

1992

Gal. Ramis Barket, Monterrey, México.

1988

Kiosco Alfonso, A Coruña.

Espace Delpha, París.

Salón D´Autonne, Grand Palais, París.

Gal.Expresión, Ourense.

Díaz Pardo, Diputación de A Coruña.

I Muestra Unión Fenosa, A Coruña.

Casco Viejo de Ourense.

L´orient, Bretaña.

Noget Sur Marne, París.

1987

ARCO.

1986

UIMP, La Coruña.

KGB, Barcelona.

1984

Kiosco Alfonso, A Coruña.

1982/84

Ministerio de Cultura, itinerante, Galicia.

1980/82

Bienales, Pontevedra.

1977

Parque de Castrelos, Vigo.

1974/76

Bienales, Pontevedra

 

.

 

Colecciones

 

Museo Español de Arte Contemporáneo (Madrid).

Centro Gallego de Arte Contemporáneo (CGAC) Santiago de Compostela.

Centro Gallego en Caracas. Venezuela.

Museo Arqueológico de Lugo.

Museo Carlos Maside. Sada (A Coruña).

Museo Municipal de Ourense.

Museo Provincial de Lugo.

Museo Sargadelos. Cervo (Lugo).

Diputación Provincial de Ourense.

Diputación Provincial de Lugo.

Diputación Provincial de A Coruña.

Diputación Provincial de Pontevedra.

Biblioteca Diputación. A Coruña.

Pazo de Raxoi. Santiago de Compostela.

Casa de la Cultura. Ourense.

Colección Caixanova.

Rectorado de la Universidad de Santiago de Compostela.

Rectorado de la Universidad de A Coruña.

Polideportivo de Elviña. A Coruña

 

 

 

 

OBRA PÚBLICA

 

2017 EL TITÁN. Vigo.

2011 HOMENAJE A LA EMIGRACIÓN. Vigo.

2010 EL “FIEL CONTRASTE”. Pontevedra.

2010 EL CORREDOR. Vigo.

2008 EL POETA. Diputación de Pontevedra.

2008 MONUMENTO A ANTONIO PIÑA. Ourense.

2007 ARCO DE TRIUNFO. Lugo.

2007 “A ACARREXADORA”. Marín.

2006 HOMENAJE A COLEMÁN Y REVERTER. Ourense.

2005 ANGUSTIA. Vila Verde, Portugal (Complexo de Lazer).

2005 AVANCE. Cangas.

2004 CONJUNTO ESCULTÓRICO. Surrey (Reino Unido).

2004 TIERNO GALVÁN. Culleredo.

2004 “MAN CON MAN”. Villagarcía.

2003 MACÍAS “O NAMORADO”. Padrón.

2002 “A PEMENTEIRA”. Padrón.

2000 MANUEL ANTONIO. Rianxo.

2000 ÁNXEL FOLE. Lugo.

1999 LA FUENTE. Santiago.

1999 CABEZA AMISTOSA. Pontevedra.

1999 LA LECHERA. Orense.

1998 EL COLUMPIO. A Coruña (Puente del Burgo).

1997 EL ARCO. Orense (Polígono Pereiro).

1996 HOMBRE DE PIE. Ourense.

1996 FERRO COUSELO. Ourense.

1995 ALONSO III DE FONSECA. Santiago (Claustro del Palacio de Fonseca).

1995 GRAN PADRE. Santiago (Área Central).

1994 “LOS RAMONES”. Ourense.

1994 PATERNIDAD. A Coruña (Rectorado).

1994 EL GUARDIÁN. A Coruña (Torre de Hércules).

1992 ALEGORÍA DE LA VIDA Y LA MUERTE. As Pontes.

1992 PABLO IGLESIAS. Ourense.

1991 PATERNIDAD. Houston.

1991 LOS REDEROS. Vigo.

1990 REPOSO. Santiago.

1989 AL MARINERO DESAPARECIDO. Muros.

1989 EL GRAN INQUISIDOR. Vigo (Centro Comercial Camelias).

1988 EL SALTO. A Coruña (Polideportivo Barrio de las Flores).

1988 ARIADNA. Lugo (Escuela Politécnica).

1987 LA CUEVA. A Coruña (Plaza de La Sagrada Familia).

1987 SUÁREZ FERRÍN. A Coruña (Jardines Méndez Núñez).

1986 VALLE-INCLAN. A Coruña (Jardines Méndez Núñez).

1986 EL DESPERTAR. A Coruña (Centro Comercial Cuatro Caminos).

1986 DIÁLOGO. A Coruña (Colegio Sardiñeira).