Proxección 04 de novembro de 20:00
Documental sobre os refuxiados que foxen da guerra de Sudán do Sur e o traballo que fan con eles os Salesianos no asentamento de Palabek, o derradeiro aberto en Uganda.
Organizado por “Misiones Salesianas” e “Jóvenes y Desarrollo”, narra esta historia onde os Salesianos son a única organización que vive dentro do campo onde axudan aos refuxiados coa educación dos máis cativos, unha escola técnica para os xóvenes e obradoiros de empoderamento para as mulleres.
Contaremos como relator a José Antonio San Martín (Director de Misiones Salesianas) e a presentación será a cargo de Ubaldino Andrade (Misioneiro Salesiano en Uganda) e Alberto López (Portavoz de Misiones Salesianas). Ao remate haberá un coloquio.