Presentacións 14 de xuño de 20:00
Un acto de presentación do novo disco que será amenizado por unha breve actuación acústica por parte do músico.
Daniel Soldevilla (Ourense, 1987) é un artista ourensán con varios proxectos musicais ás súas costas. Entre eles poden destacarse os seus discos (catro) para o proxecto de música de vangarda “Forsaken”, o seu primeiro disco en solitario, “Lost Letters” (2016), ou as diferentes colaboracións con outros artistas locais como a poetisa Rochi Nóvoa ou bandas de rock como Torques Band. O artista presentará “Out of time” , onde contará coa intervención de recoñecidos artistas: Tareixa Taboada (pintora), Anxo Soldevilla Fernández (pintor/deseñador), Isabel Salgado (Presidenta do Ateneo de Ourense) e Yosi Dominguez (Os Suaves).
Unha actividade promovida por Ateneo de Ourense.