Certame 23 de Abril ó 15 de xuño
Esta actividade ten como obxectivo promover e apoiar ós novos valores nos distintos eidos das artes plásticas, destinado a premiar e difundir os traballos dos creadores máis novos.
O certame rexerase polas seguintes BASES
1.- A convocatoria realízase para as modalidades de pintura, escultura, gravado e calqueira outro tipo de expresión artística(vídeo, arte dixitil, instalacións, etc).
2.-Poderán participar tódolos artistas con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos.
3.-A temática será libre, admitíndose todo tipo de tendencia estética. Na realización da obra poderase empregar calqueira tipo de técnica e material.
4.-Cada concurstante poderá participar cun máximo de dúas obras, aínda que pertenza a distintas modalidades.
5.-As obras axustaranse ás seguintes características:
Pintura: Non superior a 2 metros en calquera das súas dimensións.
Escultura: Terá unha altura máxima de 1,80 metros e unha base que non superará o 1×1 metro.
Gravado e outras expresións artísticas: Medidas libres
6.-As obras non poderán estar premiadas con anterioridade en ningún outro certame artístico.
7.-Establécense os seguintes premios sen distinción de modalidade:
Primeiro premio.- 3.000 euros
Segundo premio.- 2.000 euros
Terceiro premio.- 1.000 euros
Dous accésits de 500 euros cada un
O xurado pode conceder accésits honoríficos, se o estima oportuno, en vista da calidade dos traballos presentados. Tamén pode declarar deserto calqueira dos premios.
As obras que reciban algún dos premios con dotación económica quedarán en propiedade da Deputación provincial de Ourense.
8.- O prazo de presentación das obras establecerase dende a convocatorio deste certamen no Boletín Oficial da Provincia (BOP) ate o día 15 de xuño de 2019. As obras entregaranse ou serán enviadas ó Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense (Rúa Progreso, 30 32003 Ourense). Correrán por conta dos concursantes os gastos de envío das obras. Os organizadores non se responsabilizan dos riscos ou desperfectos que poidan sufri-las obras no seu traslado e manipulación.
9.- Identificación.- Para a súa identificación, as obras levarán en lugar ben visible un lema identificativo, que pode ser común ás obras presentadas polo mesmo autor. En sobre pechado aparte incluirá un Boletín de participación no certame ou copia do mesmo por cada obra presentada, debidamente cumprimentado e cunha copia do DNI do autor. No exterior do sobre figurará o lema da obra ou obras.
10.- A deputación realizará unha exposición (mes de setembro) cunha selección dos traballos presentados e realizará o correspondente catálogo.
11.- O xurado estará integrado por un mínimo de cinco membros vencellados ó mundo das artes plásticas.
12.- Os titulares das obras non premiadas deberán retirar estas unha vez rematada a exposición, cun prazo máximo dun mes. Unha vez superado o mesmo, os organizadores declinan calqueira responsabilidade sobre as mesmas.
13.- Os artistas autorizan á Deputación a emprega-la imaxe das súas obras en calqueira formato e sen límite de tempo.
14.- A participación neste certamen supón a aceptación destas bases e o veredicto do xurado.
Pode descargar o boletín de participación na seguinte ligazón:https://www.centroculturaldeourense.com/certame/presentacion