Proxección / ICC Week 04 de abril de 20:30
Documental producido en 2018, 38 minutos, baixo a dirección de Mia P. Salazar e a fotografía de Gerorg Bungard.
Durante o verán, Jorge Martí Augas sae de xira coa súa coñecida banda, La Habitación Roja, por España e Latinoamérica. Pero cando empeza o inverno regresa á neve dos fiordos noruegueses, onde vive coa súa muller Ingrid Øverås, seriamente afectada por unha enfermidade crónica (doutora en antropoloxía, a Ingrid diagnosticaronlle encefalomielite miálxica en 2010). Para salvar as diferenzas de soldo entre España e Noruega, Jorge traballa quendas de noite nun centro para pacientes de Alzheimer e demencia, onde moitas veces atende a persoas nos últimos momentos da súa vida. Logo de 20 anos de carreira e unha vida de contrastes, Jorge intenta entender a dualidade e o desarraigamento que supón vivir en dous países sen quedarse definitivamente nun ou noutro.