Conferencias 17 de xaneiro ás 20:00
Unha charla onde abordaremos temas relacionados coa psicoloxía emocional
No camiño da vida, atopámonos con momentos nos que podemos sentir que estamos perdidos, tristes, con medo… que debido a circunstancias ou experiencias, sentimos ansiedade, depresión, baixa autoestima, falta de confianza, tensión, fobia… Quizais nos custe superar un dó, unha ruptura… ou nos motive e sintamos a necesidade de crecer persoalmente, vivir con conciencia no Aquí e Agora para sentirnos máis plenos e felices connosco mesmos e cos demais.