Conferencias 30 de outubro ás 20:00
Poñente: Miguel Domínguez Vazquez, investigador de ciencias matemáticas do CSIC-Matemáticas
Organiza: Ateneo de Ourense
A través de formatos moi diversos, arte, filosofía e ciencia comparten o obxectivo de explicar quen somos e como é o mundo no que vivimos. Creatividade e razón mestúranse na elaboración de espazos imaxinarios, hipóteses e teorías. Pero só na matemática é posible construír, de xeito extremadamente preciso, mundos, espazos e conceptos rexidos por leis que son para sempre e cuxa aceptación non está suxeita á subxectividade humana. E, misteriosamente, este universo imaxinario acaba explicando moitos fenómenos do mundo no que vivimos, como se este último só fose unha proxección ou imaxe do primeiro.
Nesta charla adentrarémonos nalgún destes mundos matemáticos ideais, que tantas veces artistas e filósofos sentiron o desexo de explorar, da man de conceptos esenciais nas matemáticas actuais, como os de infinito, dimensión e simetría.