Exposición de Fin de Curso dos alumnos da Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense, con 127 anos de traxectoria.
A Escola provincial de Artes e Oficios foi creada pola Deputación no ano 1891, hai nada máis e nada menos que 127 anos. Estamos a falar, pois, dunha escola cunha historia e cun patrimonio inmaterial incalculable, que vivíu dous cambios de século pasando de finais do XIX ao XX e, xa máis recentemente, do Século XX ao tecnolóxico Século XXI.
En todo este tempo foron moitas e variadas as circunstancias que tivo que vivir a escola, asociadas evidentemente ao propio devir social dun Ourense que foi mudando de maneira natural cos anos. O último reto que afrontou foi o de superar os recortes derivados da crise económica, que tamén deixaron a súa pegada nesta escola pero que, grazas ao esforzo da Deputación e á conciencia da súa importancia histórica, mantén viva a súa impronta.
Neste contexto, chegamos un ano máis ao remate do curso escolar e aproveitamos para botar una ollada cara atrás e facer una escolma dos traballos que se foron realizando ao longo de todo o curso nas diferentes disciplinas (debuxo e iniciación á pintura, perfeccionamento en pintura, talla de madeira, oleiría e modelado en barro) e ensinalos nesta exposición de fin de curso co orgullo do labor cumprido e co reto de seguir un ano máis dando o mellor de cada un de nós.
Lugar: Sala 0
Horario: Luns a sábado de 11.00 a 14.00h. e de 17.00h. a 21.00h. Domingos e festivos de 11.00h. a 14.00h.
Precio: De balde
Visitas guiadas:
Comisariado:
Esta exposición non ten ningún video asociado