O Grupo Galego de Cancro de Pulmón ( GGCP) é unha asociación científica de ámbito galego dedicada ao estudo e tratamento do cancro de pulmón.
O Grupo Galego de Cancro de Pulmón ( GGCP) é unha asociación científica de ámbito galego dedicada ao estudo e tratamento do cancro de pulmón. Os membros do grupo desenvolven o seu traballo en hospitais galegos coa intención de establecer tratamentos máis eficaces e dispoñibles para todos os enfermos da nosa comunidade, co propósito de mellorar os resultados do tratamento do cancro de pulmón. No GGCP traballan xuntos oncólogos médicos e oncólogos radioterapeutas para ofrecer a maior calidade asistencial posible aos enfermos. O primeiro estudo do Grupo Galego de Cancro de Pulmón ( GGCP) iniciouse en 1998, e desde entón desenvolvéronse (aínda activos ou xa finalizados) un total de 22 estudos, fundamentalmente en enfermidade localmente avanzada e metastásica.