Unha achega a memoria histórica da cidade de Ourense, a traves dun espazo emblemático como é o mercado de abastos nímero 1.
Froito da colaboración entre a Praza de Abastos no 1 de Ourense e a Escola de Arte Antonio Failde xurde este proxecto documental co obxetivo de facer unha humilde achega a memoria histórica da cidade de Ourense, através dun espazo (digo espazo porque non se documenta só o edi cio se non tamén os seus contiguos) emblemático como é o mercado de abastos número 1 sito no corazón da urbe, o cal, despois de oitenta anos de funcio- namento ininterrompidoa o servizo da cidade das burgas, vai a ser remodelado para adaptarse mellor as necesidades dos consumidores do sécu- lo XXI.
Un lugar que ao longo dá súa historia servíu non só como fonte de abastecemento, se non tamén como punto de encontro da cidadanía no que es- tablecer conversas ou forxar amizades, en de ni- tva facer vida arredor del.
Por medio deste basto traballo realizado polos alumnos de primeiro ano do Ciclo Superior de Fo- tografía, pretendese deixar constancia, non só de como era este lugar, amosando con claridade a súa arquitectura, se non tamén deixar constancia dás súas actividades, os seus prazeiros, os clientes, os produtos, e outras actividades case descoñeci- das como o lavado da roupa nos antigos lavadoi- ros. En de nitiva, o Modus Vivendi deste espazo fundamental na vida da cidade.
Lugar: Sala 0
Horario: Luns a venres: 11:00 a 14:00h´. e de 18:00 a 22:00h. Sábados, domingos e festivos:11:00 a 14:00h.
Precio: De balde
Visitas guiadas:
Comisariado:
Esta exposición non ten ningún video asociado