Conferencias / Foro La Región 09 de novembro ás 20:15
O filólogo Manuel Ferreiro e o musicólogo Fernando López Acuña falarán sobre conceptos históricos do himno galego.
O motivo central do himno é que Galicia esperte do seu soño e emprenda o camiño cara á liberdade, escoitando, para iso, a voz dos rumorosos piñeiros, que simbolizan ao pobo galego. O nome de Galicia non figura no poema, como é habitual en Pondal, e no seu lugar fanse referencias metafóricas ao fogar e á nación de Breogán.