En 1967, despois de longos anos de exilio político en México, Carlos Velo decide retornar por uns breves días a Galicia. No seu papel de prestixioso director de cinema, aproveita a súa estancia no festival de Cannes, onde presentaba o seu filme “Pedro Páramo”, para facer unha breve viaxe a España franquista cando aínda permanecía aberto o seu nítido compromiso político contra a ditadura. Amante da fotografía xa desde a mocidade, e co coñecemento que lle permitía ser un mestre da cinematografía, Velo achégase ao seu natal Cartelle acompañado dunha cámara coa que realizará unha reportaxe sentimental do lugar onde nacera en 1909. Tratábase de capturar lembranzas, documentar cambios, retratar á veciñanza e, sobre todo, transportar de volta ao seu exilio mexicano a memoria en imaxes do seu pai e máis da súa nai, xa maiores.
Fotografías dun ourensán transterrado que se recuperan cincuenta anos despois de ser realizadas co manifesto ánimo de homenaxear os espazos comúns e humanos da terra que o vira crecer e que hoxe xa se configuran como unha transcendental contribución á fotografía galega do século XX.
Lugar: Sala 2
Horario: Luns a venres: 11:00 a 14:00h´. e de 18:00 a 22:00h. Sábados, domingos e festivos:11:00 a 14:00h.
Precio: de balde
Visitas guiadas:
Comisariado: Xosé Enrique Acuña
Esta exposición non ten ningún video asociado