O novo proxecto individual de Noa Persán amósanos a súa fascinación pola natureza, a súa observación da so- nomía e psique humana que re icte na súa obra a modo de fábula ou metáfora levándolle a crear un estilo propio que desenvolve en distintas etapas. A figura feminina é unha constante na súa obra.
“Metamorfofiguracións” é o título do novo proxecto expositivo da artista Noa Persán, co que se presenta de forma individual na cidade das Burgas. Noa é unha muller que dende os seus inicios como artista desenvolve na súa obra un discurso coherente e fiel a unhas conviccións e fundamentos que lle acompañan tanto no plano persoal como profesional. A súa fascinación pola natureza, a súa observación da fisionomía e psique humana que reflicte na súa obra a modo de fábula ou metáfora leváronlle a crear un estilo propio que desenvolve en distintas etapas. A figura feminina é unha das constantes na súa obra e nela representa os seus medos e paixóns, a esta imprímelle, en moitos dos seus lenzos, un carácter oriental froito do seu profundo coñecemento nas Artes Marciais, a súa práctica do sumi-e e a meditación.
Todos os seus proxectos están enfocados á crítica social, ao perecedoiro da beleza, aos ensinos da natureza aplicados ao comportamento humano, a analizar as virtudes e pecados do ser humano, tendo sempre presente o tema de xénero. A crítica fálanos dunha artista que conxuga a razón e a emoción provocando un realismo máxico a través da fabulación, un recurso que a artista emprega con frecuencia. O resultado final é un mundo onírico, no que a literatura, a arte e a ilustración se converten en linguaxes de representación dese mundo de fábula e metáforas no que a artista se move á perfección para facer, a través da utopía, unha lectura crítica do comportamento do ser humano. A súa obra figurativa e a súa extensa traxectoria caracterízase pola exquisitez, a dozura na imaxe, o equilibrio e a harmonía na composición executada con detallismo e simbolismo; todos estes elementos configuran unha obra cun claro transfondo de crítica a través do surrealismo.Por todo iso, pola súa obra, polo seu fundamento, pola súa coherencia, polo seu compromiso, pola súa denuncia e pola súa calidade, Noa Persán é unha das mellores representantes do realismo máxico en Galicia, realismo do que vemos unha interesante selección coa que gozaremos e reflexionaremos este mes de xuño no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense.
Cristina Carballedo Penelas
Historiadora da arte e coordinadora de “Metamorfofiguracións”
Lugar: Sala 0
Horario: Luns a venres: 11:00 a 14:00h e de 18:00 a 22:00h.
Precio: De balde
Visitas guiadas:
Comisariado: Cristina Carballedo Penelas